07 outubro 2007

Por que dim detençóns cando querem dicir secuestro?

Dentro dum mes fai 2 anos do secuestro da mesa nacional da Assembleia da Mocidade Independentista (AMI) e estes días podemos ver imaxes semelhantes na televissom co secuestro da mesa nacional de Batasuna, que se nom recordo mal nom é a primeira vez que lhe pasa a mesa nacional esquerda abertzale.

Os mass media, que sempre acadam imaxes das operaçóns, as vendem como detençóns que suponhem um éxito da democracia espanhola cando realmente o que fam é demostrar a debilidade do estado espanhol, que só é capaz de deter a acçóm dos que se movem contra o sistema com medidas represivas.



Primeiro foi a lei de partidos, umha lei que aplicada aos partidos que a propuserom tambem os podería levar a ilegalizaçóm. Por um lado o PP negase a condenar o sucedido a partir do 1936 e o Psoe creou umha banda armada cando estaba no goberno para acabar com ETA, se estes nom som motivos suficientes para aplicarlhes a súa lei que me expliquem para que vale.

A lei de partidos aprobouse co medo de outras organizaçóns e coa colaboraçóm dos mass media, cando supuxo o maior recorte de liberdades da mal chamada democracia. Em Euskal-herria máis de 150000 persoas quedarom sem voz nos lugares de decissom políticos.

Cando comprobarom que esa lei nom puiderom acadar o seu obxectivo de calar as vozes discordantes recurrirom aos secuestros dos molestos.

O acontecido coa xente de A.M.I. fai 2 anos foi vergonzoso. Rapaces que so tenhem como delito defender o seu país forom secuestrados em diferentes cidades de Galiza cum despregue digno dumha americana. Um par de días máis tarde forom liberados na capital do pequeno imperio. A día de hoje aínda desconhecem como está o seu caso porque as únicas novas que tenhem é a través do mass media.

No caso de EH o que acontece é que o goberno do estado despois que fracasara o proceso de paz, por culpa da extrema dereita espanholista ( PP e todos os seus hooligans Cope ,AVT,etc...) tem que lavala cara para que nas eleicçóns de marzo nom lhe pasem factura.

O Psoe sabe que EH nom vai conseguir máis apoio dos que tem,em todo caso pode quitarlhe algo ao PP, entom tem que acadar eses votos noutros puntos do estado. E para acadar esto pode facelo de dous xeitos com ofertas electorais (como está pasando últimamente) e com imaxes do que eles chamam detençóns dos que se movem.

O problema de todo esto é que logo falam da súa defensa da liberdade de expressóm, mais o único que pretendem é calar aos que molestam. A palabra é o debate e nunca matou a ninguém e para mím Batasuna é umha organizaçóm politíca que o único que fai é defender os seus ideiais (nom entro em si comparto os seus métodos).


3 comentários:

A Raíña Vermella disse...

A AVT estase a converter nunha especie de Conferencia Episcopal en laico (ehem...) é dicir, unha asociación de particulares que só se representan a sí mesmos pero que actúan como se fosen un partido político e tiveran votantes e deputados. O que mais me rebenta é que os mesmos que non deixan de recordarnos que temos que respetar (como se a escollesemos nós) cousas como a Constitución, despois non teñen nningún reparo en saltarse as súas propias normas cando lles convén. E deixo o tema que me encendo. Un placer terte no mundoblog, Arredista:)

Mario disse...

O pior é como se trata de pasar todo iso como unha reacción perfectamente normal nun "Estado de Dereito", mentres a comunidade internacional está levando as maos a cabeza. Onte alguén dixo que, salvo en Turquía, ninguén pensaba que isto puidese pasar nun país europeo.

Arredista disse...

Mario cantas veces amnistia internacional denunciou o recorte de liberdades existentes no estado espanhol?.
Numha televissom de Australia deram um documental,que anda pola rede subtitulado, no que o um alto secretario do ministerio de interior botaba aos periodistas cando lhe preguntabam polas denuncias de malos tratos nas cadeias espanolhas.