08 março 2009

Está máis fóra que dentro

Esta foi a resposta que deu um iluminado da “Executiva” do BNG a Beiras cando foi preguntado polo comentado na rolda de prensa do EI. Este iluminado probabelmente seja membro da executiva porque é um brilhante político, no bloco esto é o que máis se valora e nom em que partido militas, e aínda por riba durante estes catro anos este senhor estivo trabalhando no departamento de normalizaçóm lingüista da Xunta que grande labor fixo, deberíam facerlhe umha homenaxe.

Decirlhe a este senhor que si eso é o que pensam somos muitos os militantes e simpatizantes do bloco que estamos máis fóra que dentro, mas tranquilo que nas vindeiras eleicçóns o teremos em conta e a hora de votar deixaremos de facelo coa pinza no nariz a organizaçóm que vostede representa e por fim seremos galegos dignos que os mandaremos a tomar polo c.... e buscaremos outras opçóns que nom vendam o nosso país.

A proposta de Beiras é umha proposta de dignidade a que algúns nom podem entender porque siguem pensando que fixerom umha grande labor, si a grande labor de vender Galiza. Cada día que pasa vejo o futuro máis claro que a xentinha da U e do quintanismo (que sigo saber que representa) vaiam tomar vento que sigam pensando o mesmo que em pouco tempo estarám no seu sitio. Como dicía umha persoa em Trasancos já sabíam como eram as cousas e agora exportarom o modelo a todo o país os culpaveis já sabemos quem vam ser os malos militantes e a prensa que sempre nos apoiou e agora nos derom até no bilhete de identidade.

Porque imos facer autocrítica se levamos perdendo votos 8 anos, que lhes dem que os movimentos sociais deste país nom precisam gentinha como esta.

05 março 2009

Independentismo galego

Hoje toca falar do independentismo galego que já vai sendo hora que superem os egos das diferentes correntes e se ponha a trabalhar em algo ilusionante, no que tambem teríam sitio as correntes dentro do BNG.

Dende a minha humilde opinióm o que se debería empezar a facer é dende a base nom se pode intentar empezar a casa polo telhado, por eso creo que aínda que necesaria umha candidatura unitaria nas pasadas eleicçóns nom era a soluçóm.

Estamos a 5 marzo e o independentismo debía empezar a trabalhar num projecto para presentalo as vindeiras eleicçóns, a que dentro de dous anos elixiram aos representantes das cámaras municipais (as europeias nom entram no nosso jogo). Um projecto centrado nas bisbarras e nos concelhos para que dentro de catro anos esteamos preparados para dar o gram salto.

Neste novo independentismo tambem deberíam ter o seu sitio as correntes existentes dentro do bloco ou se a ideia dos críticos fora para adiante as correntes independentistas que agora estám fora da organizaçóm teríam o seu sitio dentro. Muita xente neste país precisa dum independentismo que chegue a maioría de idade, que supere certos erros cometidos e que se ponha a trabalhar neste país porque há máis cousas que nos unem das que nos separam.


04 março 2009

Empeza o movemento

Hoje falou a primeira corrente crítica do BNG, o Encontro Irmandiño, e veu a expresar o que muitos pensamos e nestes intres estou escoitando ao seu cabeza visíbel na radio galega que está a falando moi claro do que pensa el e do que é o pensamento de muitos dos que militamos ou simpatizamos co bloco.
Na entrevista que acaba de conceder, recoméndovos que a escoitedes, veu a dizer que se o bloco tivo a debacle este domingo nom foi polo ocorrido nos últimos catro anos senom que vem de máis adiante cando o bloco decidiu darlhe as costas aos movementos sociais deste país. Tambem invitou a um sector que tudos conhecemos a que por umha vez deam a cara e se querem que se presentem a umhas eleicçóns.
Dixo que el nom buscaba umha guerra civil mas que se ese sector se empenhaba em facer jogo sucio que estaríam dispostos a dar guerra e si for necesario a saír do bloco. Como lhe dicía a algumha das persoas coas que falei estes días este povo vai saír desta e vai saír triunfante o que acaba de ocorrer foi um toque de atençóm a eses que pensabam que tragabamos com tudo que tinham um cheque em branco. Porque Galiza conta cuns movementos sociais que vam por diante dos nossos políticos e dos partidos que temos.
Xente vémonos nas barricadas, luitando polo nosso país para vencer esta batalha.

03 março 2009

Que nom digam que nom se avisou

Somos muitos os que vinhamos avisando de que volvería a pasar o mesmo que nas anteriores eleicçóns, vinhamos vir que a venda do país ía traer estas consecuencias. Mas que nos dicíam, que eramos mala xente eramos desleais.

O domingo se algo quedou claro foi o fracaso da UPG, SIM DA UPG, e do quintanismo. O quintanismo a día de hoje aínda nom sei o que é, mas so sei que um dos ideólogos e Antón Losada e eso já me fai dubidar desta corrente. E foi o seu fracaso porque eles forom os que dixerom que o BNG tinha que abandonar a sociedade galega, darlhe costas ao que até fai uns anos significaba o bloco.

E por onde vai o futuro?. Eu creo que o futuro pasa porque na vindeira asembleia nacional, que debe voltar a ser como as anteriores abertas a toda a militancia, as correntes críticas se unam para ponher a xente no seu sitio e coa intençóm de crear algo, com outras correntes que estám fora do bloco, umha alternativa NACIONAL E DE ESQUERDAS, que tenha como meta final a constituçóm da República Galega.

Eu proponholhe aos iluminados da U que tenham o que há que ter é que se presentem como UPG a umhas eleicçóns. E que por umha vez analicem como som as cousas e nom busquem fora porque a maior parte da culpa do que pasou foi responsabilidade súa, os outros nunca nos apoiarom nim nos vam apoiar por muito que bailemos cos velhos nim demais parvadas que se fixerom estes catro anos.

02 março 2009

Um galego que merecía a pena

Um galego que vale e se nos foi, curiosamente finou o día 1 de marzo do 2009 terá algo que ver co que sucedeu esa noite?

01 outubro 2008

Amizade

Considérome umha persoa com muita sorte por estar rodeado de xente tam especial,a verdade é que som umha persoa que se atopa rodeado dum grandioso (em todos os sentidos) grupo de colegas dos sempre se pode aprender cousas e aos que sempre ando atormentando cos meus rolhos raros.
As companheiras do trabalho entrarom na minha vida há tres anos e dende o primeiro momento tratáronme como um máis,ajudandome sempre que o precisaba e ensinándome a ser o que som a nivel profesional. Som como esas irmas maiores que sempre tenhem umha palavra de animo os días que um esta triste ou dánche um tiróm de orelhas cando vem que andas metendo a zoca.
Os amigos de Maninhos somche boa xente, as súas ideias nom som as minhas mas por iso nom os podo crucificar. Com eles o melhor é pensar em outros temas cando falam de política e outros rolhos, mas tenho pasado muitos momentos boisimos temos rido muito e temos montados boas festas. E que dizer das dúas rapazas maravilhosas que dende que eramos pequenos me rodeam, com momentos bos e malos mas som dúas joias que na minha vida pintam muito.
Da xente de Compostela que dizer. Por um lado estam os da facultade, ultimamente os tenho algo abandonados, umha xente ESPECTACULAR. É certo iso que dim de que um cando marcha de casa tem umha segunda familia a que recorre nos momentos complicados, e iso fixo que conhecera a xente aos que nunca poderei olvidar e dos que nunca poderei prescindir porque cando um precisa falar som persoas que respeitam o que penso mas nom calam á hora de dicirme que estou trabucado. Canto os tenho martirizado cos meus rolhos e nunca tiverom umha mala palavra, ogalha eu resultara de tanta ajuda como o som eles para mim.
Logo estam os "energúmenos" da XA , vaia gentinha. Esas manifestaçóns , eses botelhóns em Belvís, ese descontrol etílico (que nos facía falar com calquera a mínima de cambio), a festa com eles tem outro significado. Canta xente conhecim as veces que saim com eles, com cantos grupos falamos (há istorias míticas) e cantas montamos na capitol. Xente coa que um nunca tem um momento para o aburrimento nim para pasalo mal, estar com eles fai que um se esqueza por um momento do día a día.
Por último, em Compostela há um grupo de persoas maravilhosas coas que sempre se aprende algo, cada día com eles é umha experiencia. Dende o primeiro momento em que os conhecim tratáronme dum xeito fenomenal, recibíronme cos brazos abertos e som umhas persoas excepcionais. Saír com eles de noite tem um significado especial, podes falar de cem mil cousas diferentes e sempre acabas sacando algo novo, umha ensinanza, a minha vida mudou muito dende que os conhecim porque fixéronme máis persoa e ensináronme a querer máis a Galiza (é creo que era difícil). Sempre que os chamei para algo nom dubidarom nim um momento em colaborar na liada na que os metía. Conhecim a umha persoa que podería ser ese irmao que nunca tivem e que cando falamos dalgumha cousa acontecida na nossa vida sempre acabamos dicindo estabas alí (obrigado amigo) .Som tam xeniais que até conseguirom que fora a Valga, que grandes sodes.
Tambem há umha persoa, que nom podo incluír em ningum destes grupos. Umha persoa coa que tenho pasado moi bos momentos (algum mal momento tambem tivemos), coa que tenho rido e bromeado muitas veces. Mas nos últimos tempos cometimos um grave erro, um erro que podería chegar a custar a amizade e a verdade é que creo que esa persoa coma o resto que me rodeam som necesarios na minha vida. Mereces o melhor e seguro que terás a sorte que precisas.
Sem olvidar a familia, tambem a política esa curmá vasca, que sempre respeitarom as minhas ideias e sempre me botarom umha mam e cos que tenho pasado moi bos momentos.
Por tudo isto podo considerarme umha persoa afortunada por estar rodeado desta xente. A verdade é que um nom sabe se esta a vossa altura, intentase. Nom sei como darvos as gracias por todo o que me aportades, polo apoio, os conselhos e os tiróns de orelhas (que as veces som necesarios).
Antes de despedirme dicirvos que este é o último post (salvo novidade) deste blogue. Nos vindeiros días voume de feiras a um país de outro continente, intentarei desconectar e se a volta estou com ganas voltarei a abrir a porta do castro, se nom o fago obrigado a todos os que pasachedes por aquí (sei que pouco aportei) e foi um prazer.

27 setembro 2008

Som eles os atacados?

A vindeira segunda feira estam chamados a declarar num julgado de Vigo tres militantes da AMI, o motivo nom é outro que umha denuncia presentada polo colectivo de extrema dereita espanholista falacia bilingüe.

A denuncia presentouna este colectivo antigalego porque os mentireiros desta seita consideram que o trabalho audiovisual realizado pola AMI no pasado mes de maio incorre em dous delitos un "contra as liberdades fundamentais" e outro de "ameazas e coacçóns" .Na Galiza os únicos que atacam as liberdades fundamentais som eles que estam atentando continuamente contra este país coas mentiras que día a día vendem nos seus mass media afíns, falando dumha persecuçóm contra o castelam que nom existe já que como dixem noutras das minhas parrafeadas a única lingua que esta perseguida na Galiza é o galego.


Já anteriormente dixem que o trabalho da xente de AMI parecíame bastante bom e de feito chamo a toda a xente a que o veja e que saque as conclussons. E decirlhes aos da falacia que se vaiam a Espanha se querem falar espanhol que na Galiza já estamos cansos de aturar as parvadas deles. Que aquí os que querem acabar com umha lingua som eles, nom somos nós, nós queremos usar a nossa livremente algo que a día de hoje nom se pode facer.

Dende aquí nada máis, so transmitir o meu apoio a xente de AMI que o vindeiro día 29 vai ter que ir a julgado a prestar declaraçóm por um delito que so vem uns paranoicos pagados pola extrema dereita espanholista.


Aí vos deixo um novo trabalho desta xente, um trabalho onde nom casam com ninguem.