Mostrando postagens com marcador Estatais. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Estatais. Mostrar todas as postagens

02 Dezembro 2007

Os Borbons

Á volta da viagem quedei de falarvos do papel do Borbon na última conferencia iberoamericana e a súa bravocunada com Chavez, mais vou a centrarme na figura de toda a familia e porque um ditador pode nomear a umha persoa como xefe do estado e 30 anos despois nese estado ninguém se atreve a dala cara e dicir que vai sendo hora que se vaia e empezar a dicir as cousas como som.

Durante o seu reinado esta familia pasou de ter um bo patrimonio a converterse numha das fortunas máis importantes do continente,sem que ninguém lhes pida contas do que fam co dinheiro que cobram do estado. E que tem a varios amigos nas cárceres por grandes escándalos financeiros, mais este senhor nunca tivo que dar a cara nim explicar se tinha relaçóm co feito polos seus amigos.



Os Borbons levam um ano moi complicado. Dende que secuestrarom a revista el jueves a mediados de julho num acto que demostra o tolerantes que som estas persoas ata o acontecido na citada conferencia venhem a demostrar o talante destes persoeiros tam campechanos.

O secuestro da revista foi um ejemplo da liberdade de expressom existente no estado espanhol, cousas piores lense e se escuitam na prensa espanhola sem que ninguém faga nim diga nada mais neste caso as cousas som diferentes. Os debuxantes da revista satírica fijerom um chiste no que falabam de dous temas tabús da familia o do trabalho e o de reproducirse.

Despois do caso da revista aconteceu o da queima das fotos do borbon, rapidamente houbo resposta. As persoas que queimarom as fotos do borbon, forom detidas e juzgadas de urxencia e em castelám. Sem embargo cando os nazis queimam fotos de Ibarretxe ou de Carod Rovira, por ponher algúm ejemplo, ninguém di nada som rapaces que estám ociosos e nom o fam por mal. Esa é a súa democracia!.

E por ultimo o suceso que tivo máis repercussom nos mass media foi o acontecido com Chavez na conferencia cando o senhor mandou calar ao presidente lexitimo, pois foi votado nas urnas, porque nom gustaba do que estaba dicindo num ejemplo máis de como há que mandar calar aos colonos que dim algo que nom lhes gusta.

Ao melhor todo o que esta pasando e bo porque significa que estám nerviosos porque a III República está máis preto. Ogalha seja asím.


20 Novembro 2007

Nengumha agressom sem resposta !!


Estes días volvese a escoitar com forza este berro despois do ultimo asasinato cometido por xente da extrema dereita, asasinato que se une aos muitos ocorridos de mans desta xentuza.
O acontecido no metro de Madrid o pasado domingo é algo moi grave ao que como sempre os mass medias nom lhe dam muita importanza porque vem da extrema-dereita e iso para algúns nom é tam grave.
Umha vez que um entra a ler as novas dos ataques destes animais acaba descubrindo que muitos deles som persoas encargadas de "defender ao estado", que no seu tempo livre adicase a ir polas rúas limpando a xente que lhes sobra na súa españa.


O problema é que sucesos como os do metro estánse facendo habituais,é raro que nom apareza nos mass media um caso de emigrantes que sofrem malheiras de mans destes grupusculos, sem que ninguém faga nada ou levante a voz. O ocorrido em Madrid,o do metro de Barna ou ao ecuatoriano de Alcalá de Henares ao que deixarom parapléxico som a gota que debe enchelo vaso e facer que eses governos que tanto atacam as organizaçóns independentistas e de esquerdas antisistema se plantexem actuar contra esta xentuza.
Há umha larga lista de persoas que ja nom estám aquí por culpa destes elementos, onte dandolhe umha olhada a rede atopei umha lista dalgunhas das vítimas desta xente. Nesta lista temos xente que nos soa máis ou menos, casos como os do valencia Guillem Agulló ou o vasco Aitor Zabaleta estám máis próximos para algúns pero nom som os únicos. O povo espanhol foi um povo de emigrante e agora esta tratando dum xeito nojento as miles de persoas que fam o mesmo que fijerom os nossos durante tanto tempo, a ignorancia desta xente é um perigo porque lévaos a dicir muitas tonterias e a facer actos contra esta xente que so esta a buscar a melhora na súa vida.
E cal é a resposta dos mass media? mentiras e insultos contra os antifascistas. Dende que ocorreu o suceso do metro de Madrid forom muitas as persoas que sairom a rúa a protestar contra o ocorrido, porque o próximo pode ser calquera persoa como nós que um día vai pola rúa e se atopa cum descerebrado destes. E sem embargo o único que sae nos medios e que os antifascistas a montam cando o realmente grave é a impunidade dos seus delitos, nom fai muito saia nos contrainformativos que o asasino de Aitor Zabaleta reducirase a condena (cando esta persoa ja era conhecida por cometer máis actos xenófobos).
Nesta bisbarra estes días esta xente tambem fijo algumha das súas dum xeito covarde (pola noite), andiverom facendo pintadas e borrando os murais feitos pola esquerda independentista nos últimos tempos.
Nengumha agressom sem resposta!!!. Hoje 20-N temos que berralo máis forte sem medo e sem deixarnos pisar por esta xente.
Déixovos co tema que lhe adicou Obrint pas a Guillem Agulló.

21 Outubro 2007

Resentido e fracasado


Ha xente que nace com perturbaçóm mentais é que por desgracia tenhem que sufrir muitos paus polos seus problemas. Sem embargo ha outros que nacem com eses problemas máis que por pertencer a "familias nobles" pasam pola vida como privilexiados.

Neste último caso atopase o político Jaime Belarri Nagusia que a pasada semana botou a boca a pacer numha entrevista na voz de Galicia. As súas declaraçóns som umha ofensa para as persoas que sufrirom durante muitos anos o anterior réxime que existiu no pequeno imperio.




O máis grave é que dende as súas declaraçóns ata hoje pasarom 7 días e os juizes espanhois aínda nom tomarom ningumha medida contra esta persoa, e aínda por riba este elemento em vez de dicir que cometera um erro dijo que dijera umha verdade. Seguramente que si sae alguem defendendo a ETA rapidamente actuaríam de oficio contra esa persoa mais contra este senhor nom fijerom nada. Así é poder judicial do pequeno imperio.

Para este senhor claro que o Franquismo foi umha época onde houbo placidez porque seguramente que aquel que se metía cos seus rapidamente pagaba o seu prezo por ousar meterse com el.

Mentres tanto no seu partido, ese partido democrático que condena todo o condenábel ningumha persoa saíu a dicir que a opinióm deste elemento subversivo nom representa a opinióm que tenhem eles. Incluso houbo algum membro do seu partido que saíu dandolhe a razóm.

O inefábel político a parte de ser umha dos políticos máis rancorosos é umha persoa que tem a costume de relacionar todo o que nom é o seu ideario com esquerdistas radicais que tentam romper Espanha. Eu tinha muita ilussóm cando chegou Zapatero ao poder de porque ía romper Espanha e vai acabar a lexislatura e Espanha e segue sem romperse (nunca dim a verdade estes do PP).

Este político tem o problema de que em Euskal-Herria nom o podem ver e dende que levou o caralhazo nas eleicçóns que tinha ganadas antes de que foram tem um trauma moi grande. Despois das eleicçóns o tío tivera a cara de saír dicindo que nom foram democráticas e falando de que o pobo de Euskal-Herria era um pobo inmaduro. Eu creo que o inmaduro é el e a parte de inmaduro é mala persoa e nom sabe acatar a decissom do pobo soberano.

Agardando que este senhor seja juzgado polo que dijo, um saudo dende a porta do castro.

09 Outubro 2007

Lecçóns


Umha das cousas que máis me “gusta” dos mass media e dos políticos de espanhois som as lecçóns que acostumam a dar aos países de Latinoamérica sobre as ditaduras, cando realmente os que deberíam aprender algo som os espanhois.

A cousa bem a conto do que pasou recentemente em Chile coa familia de Pinochet e o que está acontecer em Espanha coa familia de Franco. Mentres em Chile a familia do xenocida vai ser juzgada em Espanha siguem paseando pola rúa sem devolver todo o que roubarom ao pobo.

Nom so esto me pom de mala hostia, mentres nos países Latinoamericanos muitos dos que colaborarom nos golpes de estado vam a ser juzgados, ou polo menos o intentarom, en Espanha seguem na rúa, e algúm segue paseando em carros oficiais.

O que mais me cabrea e escoitar aos mass media falando da maravilhosa transiçóm que viviu o estado, que ponhem como um ejemplo, e se permitem o luxo de criticar a eses países onde polo menos se esta intentando facer algo contra os ditadores que sufrirom. E aínda por riba os juizes espanhois ,mais concretamente o inefable Garzóm, tenhem a cara de intentar levar a cadeia aos que colaborarom neses xenocidios cando no caso espanhol nunca se atreverom a entrar.

E aquí e onde entramos na famosa “lei do punto final” que consistiu em que um senhor posto a dedo polo ditador quedaba como máxima autoridade do país e como todo o que certas persoas fijeram durante eses anos quedara no arquivo da xente mais nom repercutira no estado que nos impuxerom. Esas persoas que nunca tiverom que pagar um prezo polo que fijerom, cal foi o prezo que pagou Fragasaurios polo de Vitoria ou polo asasinato de Julian Grimau (por ponher dous ejemplos) ningúm segue paseando em carro oficial do que so o baixarám o día do seu pasamento.

Outras das cousas que me pom de mala hostia é o da lei da Memoria Histórica, dím que com esta lei o que se esta a facer é removelo pasado, volver as dúas Espanhas. Nom param a pensar que houbo um grupo de xente que se levantou contra o estado existente para imponher outro sistema totalitario .


E como sempre para rematar aparece a igrexa coa beatificaçóm de nom sei cantas persoas mártires da guerra civil que curiosamente som todos do bando que se levantou contra a República. Esa igrexa que a día de hoje sigue financiada por um estado supostamente laico, e que se permite o luxo de ter umha emisora de radio que chama continuamente a um levantamento militar. Como ponhía um día na revista El jueves porque na casilha da declaraçóm da renda cando pos a cruz para igrexa nom se reparte entre todas as relixions existentes.

Como se podem permitir dar lecçóns a ninguém se som o pior ejemplo existente.




07 Outubro 2007

Por que dim detençóns cando querem dicir secuestro?

Dentro dum mes fai 2 anos do secuestro da mesa nacional da Assembleia da Mocidade Independentista (AMI) e estes días podemos ver imaxes semelhantes na televissom co secuestro da mesa nacional de Batasuna, que se nom recordo mal nom é a primeira vez que lhe pasa a mesa nacional esquerda abertzale.

Os mass media, que sempre acadam imaxes das operaçóns, as vendem como detençóns que suponhem um éxito da democracia espanhola cando realmente o que fam é demostrar a debilidade do estado espanhol, que só é capaz de deter a acçóm dos que se movem contra o sistema com medidas represivas.



Primeiro foi a lei de partidos, umha lei que aplicada aos partidos que a propuserom tambem os podería levar a ilegalizaçóm. Por um lado o PP negase a condenar o sucedido a partir do 1936 e o Psoe creou umha banda armada cando estaba no goberno para acabar com ETA, se estes nom som motivos suficientes para aplicarlhes a súa lei que me expliquem para que vale.

A lei de partidos aprobouse co medo de outras organizaçóns e coa colaboraçóm dos mass media, cando supuxo o maior recorte de liberdades da mal chamada democracia. Em Euskal-herria máis de 150000 persoas quedarom sem voz nos lugares de decissom políticos.

Cando comprobarom que esa lei nom puiderom acadar o seu obxectivo de calar as vozes discordantes recurrirom aos secuestros dos molestos.

O acontecido coa xente de A.M.I. fai 2 anos foi vergonzoso. Rapaces que so tenhem como delito defender o seu país forom secuestrados em diferentes cidades de Galiza cum despregue digno dumha americana. Um par de días máis tarde forom liberados na capital do pequeno imperio. A día de hoje aínda desconhecem como está o seu caso porque as únicas novas que tenhem é a través do mass media.

No caso de EH o que acontece é que o goberno do estado despois que fracasara o proceso de paz, por culpa da extrema dereita espanholista ( PP e todos os seus hooligans Cope ,AVT,etc...) tem que lavala cara para que nas eleicçóns de marzo nom lhe pasem factura.

O Psoe sabe que EH nom vai conseguir máis apoio dos que tem,em todo caso pode quitarlhe algo ao PP, entom tem que acadar eses votos noutros puntos do estado. E para acadar esto pode facelo de dous xeitos com ofertas electorais (como está pasando últimamente) e com imaxes do que eles chamam detençóns dos que se movem.

O problema de todo esto é que logo falam da súa defensa da liberdade de expressóm, mais o único que pretendem é calar aos que molestam. A palabra é o debate e nunca matou a ninguém e para mím Batasuna é umha organizaçóm politíca que o único que fai é defender os seus ideiais (nom entro em si comparto os seus métodos).


30 Setembro 2007

Spain is different

Este era o nome dumha campanha, senom recordo mal, publicitaria que se fijo na década dos 90 e a verdade é que acertarom. Digo que acertarom porque o deste estado é de traca.

Nos últimos tempos estam pasando cousas que demostram que por muito que nos digam a diario que este estado é umha potencia semelha mais umha república bananeira. Empezamos por umha asociaçóm que se cre no dereito a decidir que grupos podem tocar e que grupos som moi malos ,e proetarras,e nom podem tocar é a AVT. Durante este veram vimos como se adicam a dar conselhos morais aos concelhos sobre os grupos que nom se debem contratar. Na Galiza houbo dous casos salientábeis, um foi o de Muguruza em Compostela e outro o sucedido em Ferrol co grupo Banda Bassotti. A AVT chegou mais lonxe com outro grupo S.A. aos que levou a juizo, perdéndoo mais nom respeitando o veredicto recurrirom e volverom a perder.


Outra das cousas que me fam pensar que estamos numha república bananeira é o que esta a pasar dum tempo para aquí coa familia real. Dende que se produciu o secuestro de “el jueves” abriuse a veda, incluso dende a emisora feixista da Cope estam dandolhe canha ao Borbom. E eu preguntoume porque umha persoa pode ter máis dereitos que o resto por nacer no seo dumha familia, porque um republicano ou um independentista nom podem queimar imaxes se esa persoa so é um tío que vem imposto polo ditador que durante 40 anos reprimiu a xente. Som dos creo que as monarquías representam o máis antigo e casposo. Dende aquí o meu apoio aos companheiros cataláns que estam sendo perseguidos pola queima das imaxes.

E a última das cousas que me pom de mala hostia é o que esta a suceder em euskal-herria. O presidente elixido democraticamente polo pobo quere facer um referendo para que o seu pobo diga cal é o seu sentimento e os aparatos espanholistas adícanse a insultalo. Que é o que temem? que saia o resultado favorábel aos intereses dos nacionalistas. Nom falam sempre de democracia,da democracia que lhes interesa a eles, esa que se nom podem acadar á hora das votaçóns imponhem doutro xeito.

Por estas e algumhas cousas mais digo que spain is different.

Avante na luita contra as cousas que nom nos gustam porque o pobo tem o dereito a decidir que é o queremos.