Umha das cousas que máis me “gusta” dos mass media e dos políticos de espanhois som as lecçóns que acostumam a dar aos países de Latinoamérica sobre as ditaduras, cando realmente os que deberíam aprender algo som os espanhois.
A cousa bem a conto do que pasou recentemente em Chile coa familia de Pinochet e o que está acontecer em Espanha coa familia de Franco. Mentres em Chile a familia do xenocida vai ser juzgada em Espanha siguem paseando pola rúa sem devolver todo o que roubarom ao pobo.
Nom so esto me pom de mala hostia, mentres nos países Latinoamericanos muitos dos que colaborarom nos golpes de estado vam a ser juzgados, ou polo menos o intentarom, en Espanha seguem na rúa, e algúm segue paseando em carros oficiais.
O que mais me cabrea e escoitar aos mass media falando da maravilhosa transiçóm que viviu o estado, que ponhem como um ejemplo, e se permitem o luxo de criticar a eses países onde polo menos se esta intentando facer algo contra os ditadores que sufrirom. E aínda por riba os juizes espanhois ,mais concretamente o inefable Garzóm, tenhem a cara de intentar levar a cadeia aos que colaborarom neses xenocidios cando no caso espanhol nunca se atreverom a entrar.
E aquí e onde entramos na famosa “lei do punto final” que consistiu em que um senhor posto a dedo polo ditador quedaba como máxima autoridade do país e como todo o que certas persoas fijeram durante eses anos quedara no arquivo da xente mais nom repercutira no estado que nos impuxerom. Esas persoas que nunca tiverom que pagar um prezo polo que fijerom, cal foi o prezo que pagou Fragasaurios polo de Vitoria ou polo asasinato de Julian Grimau (por ponher dous ejemplos) ningúm segue paseando em carro oficial do que so o baixarám o día do seu pasamento.
Outras das cousas que me pom de mala hostia é o da lei da Memoria Histórica, dím que com esta lei o que se esta a facer é removelo pasado, volver as dúas Espanhas. Nom param a pensar que houbo um grupo de xente que se levantou contra o estado existente para imponher outro sistema totalitario .
E como sempre para rematar aparece a igrexa coa beatificaçóm de nom sei cantas persoas mártires da guerra civil que curiosamente som todos do bando que se levantou contra a República. Esa igrexa que a día de hoje sigue financiada por um estado supostamente laico, e que se permite o luxo de ter umha emisora de radio que chama continuamente a um levantamento militar. Como ponhía um día na revista El jueves porque na casilha da declaraçóm da renda cando pos a cruz para igrexa nom se reparte entre todas as relixions existentes.
Como se podem permitir dar lecçóns a ninguém se som o pior ejemplo existente.
3 comentários:
Iso está na base do entendemento do moderno Estado español: que a República foi tan mala como a Dictadura. Sobre esa base nacen e seguirán nacendo todos os conflictos deste recanto do mundo.
O que mais me fode realmente é que ninguém di q a Republica era um rexime lexitimo e q o autoritario de Franco era um rexime que xurdiu dum levantamento militar contra o establecido.
Pero mira que es rencoroso :D
A verdade é que dá auténtica vergoña, eu aínda me poño mala cada vez que lle explico a alguén do estranxeiro que até hai nada nos gobernaba un ex-ministro do réxime de Franco. Así calquera fai unha transición, cambiamos o nome e todo segue igual.
Postar um comentário