
Fai um mes celebrábase na Corunha o 25 aniversario da assambleia constituínte do BNG. Celebrábanse 25 anos de historia da organizaçóm máis destacada que tem o nosso país, a celebraçóm prodúcese no momento no que o BNG tem máis cuota de poder, pero para acadar este poder a organizaçóm tivo que mudar muitos dos seus principios.
Som umha persoa moi critica coa posiçom actual do BNG, incluso podo dicir que prefiro um BNG com menor cuota de poder e com umhas ideias máis claras, porque actualmente o discurso que intenta ofrecer o portavoz nacional é ambiguo por nom dicir que para os que aspiramos á liberaçóm do nosso pobo deprimente.
Nom sei quem é a persoa que aconselha a Quintana pero a verdade é cada día que pasa o portavoz nacional do BNG cáeme pior e nom sei que caminho segue. Por um lado creo que a politica que esta facendo na súa conselhería é moi semelhante a que tanto criticabamos cando gobernaba o PP, publicidade nos mass media e bailes cos velhos, e por outro lado polo caminho ao que tenta levar ao BNG.
Pero a verdade é que dentro do BNG ha
muita xente, que nom traga co que esta pasando como se puido comprobar na ultima assambleia nacional de finais do ano 2006 onde se presentarom 4 candidaturas para o conselho nacional e que ao final deu como resultado um 60-40 que vem a evidenciar que nom tódolos militantes aceptam o caminho que leva a organizaçóm.
2 comentários:
o BNG perdeu todo o crédito que tiña o día que se xuntou co psoE.
Outro partido galego é posíbel.
Eu creo que impósíbel non, pero difícil si que vai ser recuperar todos eses votos. Unha mágoa.
Postar um comentário