28 outubro 2007

25 anos do principio do pesadelo



Estes días os mass media andam repasando a vitoria do mal chamado partido socialista obreiro nas eleicçóns de 1982 e para a bisbarra de Trasancos ese dia significou o principio do fim.




Onte olhando o libro que fai uns anos fijerom sobre o meu pobo quedabamos abraiados com um dato o pobo nos últimos 27 anos perdeu cerca de 500 habitantes, e o goberno de Felipe González tivo muito que ver nese descenso. Porque sem as medidas que o seu goberno levou a cabo nesta bisbarra muita da xente que marchou a día de hoje seguiría aquí.

Cando forom as famosas eleicçóns eu tinha 4 anos e vía a xente ilusionada coa chegada deste senhor ao poder, xente que conhezo foi a única vez que cambiou de voto. Todo eram alegrías porque a “esquerda” chegaba ao poder mais o que comezaba era o pesadelo para Trasancos em particular e Galiza em xeral.

Ao pouco tempo daquelas eleicçóns chegaba o gram batacazo, Astano a gram empresa que tinhamos nesta bisbarra ía sufrir umha gram reconversom debido a “entrada” do pequeno imperio na antiga C.E.E.. O goberno estatal do ppsoe em aquel momento tomou a decissom de eliminar o nosso estaleiro e así nom tocarlhe o seu estaleiro andaluz.Em Fene antes de que se cargaram a empresa estabam trabalhando cerca de 10000 persoas entre emprego directo e indirecto e aquí se estabam facendo os maiores petroleiros do mundo.

Despois do anuncio do feche, sim feche porque dende aquela o labor do estaleiro quedou aos mínimos, vinherom jornadas duras de luita nas rúas da bisbarra e fora delas, longas noites de feche no estaleiro, assambleias multitudinarias, concertos de apoio ata que coma sempre os sindicatos espanhois venderom á xente desta bisbarra.



Forom as minhas primeiras manifestaçóns e o meu recordo aínda que difuso esta aí.Recordo como escoitabamos na casa a emisora de radio onde contabam como manhabam aos nossos em Pontedeume, na Corunha. Recordo a um tío meu que lhe regalou ao meu curmám umha pelota de goma coa que lhe deram na Corunha. Tambem recordo a imaxe dos meus pais volvendo de Madrid cando foram a manifestarse contra o feche, numha viaxe que fijeram no expreso (ese convoi que aínda pasa agora polas tardes). Um dos melhores recordos e o día que me levantei coa nova de que lhe intentaram queimar a casa a Quique Teijeiro sindicalista de UXT e que logo pasou a ser subdelegado do goberno em Ourense.


Daquela nesta terra conhecimos um verbo novo e que lhe gusta muito ao novo alcalde de Fene, o verbo diversificar. Que consiste em que os amigos dos socialistas montem empresas com axudas públicas, empresas que nom som máis que cortinas de fume que igual que se cream desaparecem aos dous días deixando a xente na rúa. Que nom recorda a SIV (Sociedade Italiana do Vidro), Imenosa, Rubber , entre outras. Ese é o futuro que lhe gusta ao ppsoe, mentres os nossos companheiros de aulas cando eramos pequenos tenhem que marchar em busca de trabalho a outros lados.

Outra das cousas que habería que analizar algum día é a influenza que tivo Felipe González na chegada a Galiza do Fragasaurio. Há muitos analistas políticos que dim que em 1989 cando o león de Vilalba ganhou as súas primeiras eleicçóns tivo muito que ver o desinterese do ppsoe por esta terra, tempo haberá para analizar isto.

3 comentários:

Mario disse...

Que xoia esa gravación. O PSOE escenificou coa nosa comarca a treizón completa contra os seus supostos principios. O pior e que houbo algún partido máis que tomou exemplo. E o que nos queda.

begira... disse...

vas ir directo á cadea jajajaja! xa se sabe que o que máis preocupa aos grandes partidos políticos é... eles mesmos. Se algún día che apetece podes falar do gal, outro residuo da época gonzalez que vai contra toda idea supostamente socialista.

Arredista disse...

Begira tal e como esta o tema das liberdades no estado espanhol o d ir a cadeia pode pasarlhe a calquera.
Sobre o GAL ja se falara,algum dia deberia saberse o que fijo o partido socilista ou como di Ferrin o mal chamado partido socialista.
Esta claro q cada dia os partidos som menos de esquerdas e as medidas sociais som mais medidas electoralistas q medidas q realmente solucionem os problemas