Este era o nome dumha campanha, senom recordo mal, publicitaria que se fijo na década dos 90 e a verdade é que acertarom. Digo que acertarom porque o deste estado é de traca.
Nos últimos tempos estam pasando cousas que demostram que por muito que nos digam a diario que este estado é umha potencia semelha mais umha república bananeira. Empezamos por umha asociaçóm que se cre no dereito a decidir que grupos podem tocar e que grupos som moi malos ,e proetarras,e nom podem tocar é a AVT. Durante este veram vimos como se adicam a dar conselhos morais aos concelhos sobre os grupos que nom se debem contratar. Na Galiza houbo dous casos salientábeis, um foi o de Muguruza em Compostela e outro o sucedido em Ferrol co grupo Banda Bassotti. A AVT chegou mais lonxe com outro grupo S.A. aos que levou a juizo, perdéndoo mais nom respeitando o veredicto recurrirom e volverom a perder.
Outra das cousas que me fam pensar que estamos numha república bananeira é o que esta a pasar dum tempo para aquí coa familia real. Dende que se produciu o secuestro de “el jueves” abriuse a veda, incluso dende a emisora feixista da Cope estam dandolhe canha ao Borbom. E eu preguntoume porque umha persoa pode ter máis dereitos que o resto por nacer no seo dumha familia, porque um republicano ou um independentista nom podem queimar imaxes se esa persoa so é um tío que vem imposto polo ditador que durante 40 anos reprimiu a xente. Som dos creo que as monarquías representam o máis antigo e casposo. Dende aquí o meu apoio aos companheiros cataláns que estam sendo perseguidos pola queima das imaxes.
E a última das cousas que me pom de mala hostia é o que esta a suceder em euskal-herria. O presidente elixido democraticamente polo pobo quere facer um referendo para que o seu pobo diga cal é o seu sentimento e os aparatos espanholistas adícanse a insultalo. Que é o que temem? que saia o resultado favorábel aos intereses dos nacionalistas. Nom falam sempre de democracia,da democracia que lhes interesa a eles, esa que se nom podem acadar á hora das votaçóns imponhem doutro xeito.
Por estas e algumhas cousas mais digo que spain is different.
Avante na luita contra as cousas que nom nos gustam porque o pobo tem o dereito a decidir que é o queremos.
2 comentários:
Coa salvidade de que as repúblicas bananeiras polo menos son repúblicas (e independentes). Tiven mágoa por non poder ir á manifa do domingo, peor a gripe puido máis. Unha aperta.
E tan diferentes que son! polo menos na súa maneira de entender certos conceptos. A min sempre me pareceu que democracia e monarquía non casaban moi ben xuntas pero no estado español intentan vendernos que é grazas a ela que temos democracia (non imos repasar como se levou a cabo o proceso de transición...). E por outra banda, algo que parece acaerlle tan ben a unha democracia como é unha consulta ao pobo parece que non está ben vista polo goberno español... en fin, eu sigo sen entender nada, e concordo contigo na reflexión, isto é de broma.
Postar um comentário