26 setembro 2007

Remata o verám


Remata o verám é aínda que pareza o contrario,polos políticos que temos, o país segue vivo.

Durante esta tempada producíronse boas novas que nom fam mais que refrejar que a xente nom vai calar por muito que dende os silhóns dos gobernantes e os mass media nos vendam um país encantador. Em Trasancos, no Courel, em Vigo (coa toma de Toralha), por colher algúm exemplo producíronse acçons que nos demostram que a xente nom esta disposta a tragar co que está pasando.



Tamben ha que destacar a campanha da xente A.M.I. contra a turisficaçóm. Somos muitos os que cremos que o turismo nom é futuro. O futuro do pobo faise creando postos de trabalho e nom num sector onde a precariedade é o pilar. Ademais o turismo é umha forma de fomentar o colonianismo, so fai falha ver o que pasa em determinados sitios onde o que mais se escoita é o castelám dos da meseta.

No contrapunto atópanse outras organizaçóns que seguem de costas á sociedade, pensando no seu interese antes que nos cidadáns do pais. Cando a mocidade tem que marchar ou trabalhar por catro euros, eles so pensam nos seus soldos. Por um lado no parlamentinho, que diciam algúns fai uns anos, aproban um decreto que lhes vai permitir nom rascala máis na súa vida, nom so os do parlamentinho tambem aos altos cargos,alcaldes, deputados provinciais e muitos mais. Nos concelhos coa entrada das novas corporaçóns demostrouse que o importante para as persoas que entram nom é a situaçom dos concelhos senom os seus bolsilhos, o primeiro que fijerom ao chegar foi subirse os soldos, os de todos os partidos.

Por outra banda seguem a falarnos de cousas que segúm eles som imprescindíbeis para o país é que sem embargo a maioría nom vamos a empregar, como é o caso do AVE, para que queremos ese convoi se nom temos cercanias que nos permitam deixar os autocarros na casa. Nas estradas seguem a sangría de jovens mortos, empezouse cum boa medida como é a do noitebus, máis é preciso que se faga durante todo o ano e nom so nas épocas de feiras. Temos tambem umha autoestrada que dá pena e na que tes que pagar um prezo moi alto pola sua utilizaçóm sem que a empresa encargada do seu mantemento faga o mais mínimo por conservala.

É que dicir dos espanhois a súa única preocupaçón pasa porque cambiemos o himno nacional, sem comentarios.

Esta foi o meu análise do verám que remata ogalha que nom calemos e sigamos sendo tam combativos. Empezando em Ferrol o día 30.


Um comentário:

Mario disse...

Pois si, aver que outono nos agarda.