O vindeiro domingo tod@s @s que queremos este país temos umha cita. Ás 12:00 horas sae do Peirao de Corujeiras em Ferrol a manifestaçóm convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol para protestar contra a ubicaçóm da pranta de gas da empresa Reganosa.
Som muit@s os que nom entendem aínda como se permite a localizaçóm de Reganosa dentro da ría, outros nom sabemos aínda que pinta esta industria neste país. Ninguém nos explicou aínda porque precisamos desa pranta aí, e cando a dam comentam que é precisa para certas empresas. Empresas que o único que fam é destruír o nosso ecosistema sem preocuparse do servizo que dam no nosso país, e logo levam os miles de milhons de beneficios a capital do pequeno imperio (como dicíam os da VA-CA).
O que máis pode chamar a atençóm deste tema é a actuaçóm dos tres partidos do parlamento, ningumha destas organizaçóns foi capaz de explicar os motivos da súa posiçóm. Mentres o BNG num primeiro momento mostrouse em contra da ubicaçóm, incluso pode dicirse que se levou a cabeceira na luita contra a ubicaçóm dum día para outro (umha vez acadada a alcaldía de Mugardos) pasou a dicir que ja que estaba aí había que tragar. Onde quedarom eses tempos da “Terra é nosa e nom de Fenosa”.
O PSOE coma sempre, negou posicionarse nim a favor nim em contra, é um xeito de que nom a tomem contigo. E o PP claramente a favor da sua ubicaçóm, e mais se temos em conta, polas novas que estám aparecendo, que varios dirixentes da anterior Xunta tenhem intereses económicos nesta empresa.
E que dicir dos mass media, estam moi calados apenas falam de Reganosa e cando o fam é para dicir que a empresa perde centos de milhons por cada retraso dos gaseiros á hora de atracar por culpa dos bloqueios que se estam facendo na ría. Reganosa conta no seu accionarado com empresas moi potentes, empresas que sabem como atraer a xente ao seu caróm (dinheiro para entidades e clubs deportivos da bisbarra e postos de trabalho para a xente de Mugardos). Nos últimos tempos a luita vai a mais.
Na bisbarra cada día vese máis xente que discrepa coa ubicaçóm. O Comité Cidadán está levando a cabo umha serie de iniciativas moi interesantes que estám atraendo a máis xente a súa banda. O domingo vémonos em Ferrol.
Nenhum comentário:
Postar um comentário