30 outubro 2007

Cidade da in-cultura


Estes días estamos asistindo a um esperpento máis dende que se lhe pasou pola cabeza ao Fragasaurio deixarnos para o seu recordo umha gram obra. Estou a falar do que esta saíndo a luz na comissóm de investigaçóm sobre a cidade da incultura.

A finais da década pasada empezabam no monte Gaias de Compostela a obra do mausoleo que o ministro franquista quería deixar para o seu recordo ao nosso país. Dende o comezo a obra semelhaba ser umha animalada polos dados que ofrecíam, um pazo da opera comparábel o de París, mais co paso do tempo demostrouse que o monstro so estaba amosando a cabeza.

Polo que se esta oíndo na Comissom o arquitecto nom fijo máis que obedecer as ordes que lhe daba Pérez Varela, o conselheiro de cultura, ordes que procedíam do león de Vilalba. A obra mentres desfasaba o seu presuposto iso nom era importante mentres o velho estivera contento nom pasaba nada, se total na Galiza estamos sobrados de cartos.

Comentabam o outro día que a biblioteca proxectada ía ser como a do Alcázar de Toledo, que o león de Vilalba nom quería que a pisaram os estudantes de Compostela há muito rojo nom vai ser que a estropeem.

Ao mesmo tempo que empezabam as obras o PP creaba a Fundaçóm Cidade da Cultura onde como sempre íam trabalhar os amigos do PP, ja sabemos que som mais listos que o resto dixit por Fraga. Aparecía por alí o irmám dum conselheiro do goberno, o marido dumha conselheira e o cunhado de Rajoy, etc. O cunhado de Rajoy cum currículo digno de ver, o tío ata dominaba o galego oral e escrito cum nivel alto, todo um lince o rapaz e semelha que mandou o currículo despois de empezar a trabalhar na fundaçóm.

Mentres os milhóns a gastarse que aquí sobra o dinheiro, e a mocidade do país tem trabalho. Neste país como estamos tam sobrados as ajudas da U.E. gástanse na cidade da cultura e em paseos marítimos que iso aos turistas gustalhe. E os dous partidos da oposiçóm num papel de estamos em contra mais a nivel de Compostela que nom me toquem as obras do Gaias. O alcalde de Compostela numha brilhante ideia um día saíu nos mass medias dicindo que aos turistas a parte de levalos a catedral poderíanos levar ás obras da Cidade da Cultura.

O mausoleo seguía crecendo cambiou o goberno e a conselheira de Cultura decidiu facer o mesmo que ZP coa televissóm crear umha comissóm de sabios para analizar as obras. A obra parouse mais a soluçóm que se lhe pode dar ao mausoleo. Agora vas pola autoestrada e podes ver um cartaz em grandes dimensons que pom Cidade da cultura em plam o de Hollywood.


Onte pasou pola comissóm o senhor Pérez Varela, ese home ao que um día lhe preguntarom que concerto ía ver e saíu com que ía vela cantante Carmiña Burana, parece ser que lhe lerom a cartilha e lhe descubrirom muitos dos chanchulhos que se fijerom na obra. Como xente da súa conselheria deixou o cargo para crear empresas que logo coparom o trabalho da cidade da cultura. Polo que pom os medios o home saíu da Comissóm cos olhos como si fora a chorar, e eu me pregunto forá nom podía estar esperando umha patrulha da policía nacional para levalo ao caldeiro por ladróm em vez de meter aos tres do Eixo.

E cal e a soluçom ao Gaias? foi umha pena que ao ano pasado cando algúns se adicarom a queimar o país nom queimaram o Gaias porque seguramente o esperpento quedaría alí como o resultado dum mal sono. De feito numha serie da tvg facíam umha broma co tema do Gaias um dos personaxes sem querer queimaba a cidade da cultura e cando o íam deter dicía aínda encima que lhe fago um favor ao país detenhenme.

Tambem destaca o papel dos medios galegos algum como a Voz de Galicia que nom abriu a boca em ningúm momento ata que cambiou o poder na Xunta e dende aquela esta a falar a diario do mausoleo.



28 outubro 2007

25 anos do principio do pesadelo



Estes días os mass media andam repasando a vitoria do mal chamado partido socialista obreiro nas eleicçóns de 1982 e para a bisbarra de Trasancos ese dia significou o principio do fim.




Onte olhando o libro que fai uns anos fijerom sobre o meu pobo quedabamos abraiados com um dato o pobo nos últimos 27 anos perdeu cerca de 500 habitantes, e o goberno de Felipe González tivo muito que ver nese descenso. Porque sem as medidas que o seu goberno levou a cabo nesta bisbarra muita da xente que marchou a día de hoje seguiría aquí.

Cando forom as famosas eleicçóns eu tinha 4 anos e vía a xente ilusionada coa chegada deste senhor ao poder, xente que conhezo foi a única vez que cambiou de voto. Todo eram alegrías porque a “esquerda” chegaba ao poder mais o que comezaba era o pesadelo para Trasancos em particular e Galiza em xeral.

Ao pouco tempo daquelas eleicçóns chegaba o gram batacazo, Astano a gram empresa que tinhamos nesta bisbarra ía sufrir umha gram reconversom debido a “entrada” do pequeno imperio na antiga C.E.E.. O goberno estatal do ppsoe em aquel momento tomou a decissom de eliminar o nosso estaleiro e así nom tocarlhe o seu estaleiro andaluz.Em Fene antes de que se cargaram a empresa estabam trabalhando cerca de 10000 persoas entre emprego directo e indirecto e aquí se estabam facendo os maiores petroleiros do mundo.

Despois do anuncio do feche, sim feche porque dende aquela o labor do estaleiro quedou aos mínimos, vinherom jornadas duras de luita nas rúas da bisbarra e fora delas, longas noites de feche no estaleiro, assambleias multitudinarias, concertos de apoio ata que coma sempre os sindicatos espanhois venderom á xente desta bisbarra.



Forom as minhas primeiras manifestaçóns e o meu recordo aínda que difuso esta aí.Recordo como escoitabamos na casa a emisora de radio onde contabam como manhabam aos nossos em Pontedeume, na Corunha. Recordo a um tío meu que lhe regalou ao meu curmám umha pelota de goma coa que lhe deram na Corunha. Tambem recordo a imaxe dos meus pais volvendo de Madrid cando foram a manifestarse contra o feche, numha viaxe que fijeram no expreso (ese convoi que aínda pasa agora polas tardes). Um dos melhores recordos e o día que me levantei coa nova de que lhe intentaram queimar a casa a Quique Teijeiro sindicalista de UXT e que logo pasou a ser subdelegado do goberno em Ourense.


Daquela nesta terra conhecimos um verbo novo e que lhe gusta muito ao novo alcalde de Fene, o verbo diversificar. Que consiste em que os amigos dos socialistas montem empresas com axudas públicas, empresas que nom som máis que cortinas de fume que igual que se cream desaparecem aos dous días deixando a xente na rúa. Que nom recorda a SIV (Sociedade Italiana do Vidro), Imenosa, Rubber , entre outras. Ese é o futuro que lhe gusta ao ppsoe, mentres os nossos companheiros de aulas cando eramos pequenos tenhem que marchar em busca de trabalho a outros lados.

Outra das cousas que habería que analizar algum día é a influenza que tivo Felipe González na chegada a Galiza do Fragasaurio. Há muitos analistas políticos que dim que em 1989 cando o león de Vilalba ganhou as súas primeiras eleicçóns tivo muito que ver o desinterese do ppsoe por esta terra, tempo haberá para analizar isto.

24 outubro 2007

BNG



Fai um mes celebrábase na Corunha o 25 aniversario da assambleia constituínte do BNG. Celebrábanse 25 anos de historia da organizaçóm máis destacada que tem o nosso país, a celebraçóm prodúcese no momento no que o BNG tem máis cuota de poder, pero para acadar este poder a organizaçóm tivo que mudar muitos dos seus principios.
Som umha persoa moi critica coa posiçom actual do BNG, incluso podo dicir que prefiro um BNG com menor cuota de poder e com umhas ideias máis claras, porque actualmente o discurso que intenta ofrecer o portavoz nacional é ambiguo por nom dicir que para os que aspiramos á liberaçóm do nosso pobo deprimente.
Nom sei quem é a persoa que aconselha a Quintana pero a verdade é cada día que pasa o portavoz nacional do BNG cáeme pior e nom sei que caminho segue. Por um lado creo que a politica que esta facendo na súa conselhería é moi semelhante a que tanto criticabamos cando gobernaba o PP, publicidade nos mass media e bailes cos velhos, e por outro lado polo caminho ao que tenta levar ao BNG.
Pero a verdade é que dentro do BNG ha muita xente, que nom traga co que esta pasando como se puido comprobar na ultima assambleia nacional de finais do ano 2006 onde se presentarom 4 candidaturas para o conselho nacional e que ao final deu como resultado um 60-40 que vem a evidenciar que nom tódolos militantes aceptam o caminho que leva a organizaçóm.



O BNG é umha organizaçóm que debe voltar a recuperar certos principios fundacionais, o BNG nom debe ter medo a dicir que é umha organizaçóm de esquerdas e que tem como obxectivo a liberaçóm nacional do nosso pobo. Que sempre estará na rúa defendendo os intereses do pobo galego sem medo ás criticas que poda recibir.
Porque se o BNG perde votos é porque para muita xente o BNG representaba um partido diferente, incluso pode dicirse que era umha organizaçóm que estaba fora do sistema e nom tinha medo a defender os intereses do pobo ao que representaba. Agora mesmo desde algúns sectores da organizaçóm a ideia que se pretende vender é a do BNG como umha organizaçóm dócil que se atopa dentro do sistema e que pode gobernar sem que ninguém tema polos radicais do BNG, porque o BNG de Quim ja nom é ese BNG.

O máis triste é o papel que o partido máis antigo do BNG esta a defender. Esa organizaçóm que fai 30 anos defendía a este país com luita e sem medo, agora vive moi cómoda dentro do sistema que tanto criticabam, sem que em ningúm momento explicaram o motivo do cambio da súa postura e mais tenhem a cara de dicir que eles seguem a defender a postura de sempre. Onde queda a causa de Moncho Reboiras ese home ao que recordam o día 12 de agosto de cada ano.

Para muitos militantes velo BNG actual é duro porque som xente que luitou por este país, por eso dentro da organizaçóm estas xurdindo colectivos que luitam por recuperalo projecto inicial da organizaçóm sendo conscientes de que o caminho é duro máis polo menos ha que intentalo porque sabem que o país precisa dum BNG diferente ao actual.

21 outubro 2007

Resentido e fracasado


Ha xente que nace com perturbaçóm mentais é que por desgracia tenhem que sufrir muitos paus polos seus problemas. Sem embargo ha outros que nacem com eses problemas máis que por pertencer a "familias nobles" pasam pola vida como privilexiados.

Neste último caso atopase o político Jaime Belarri Nagusia que a pasada semana botou a boca a pacer numha entrevista na voz de Galicia. As súas declaraçóns som umha ofensa para as persoas que sufrirom durante muitos anos o anterior réxime que existiu no pequeno imperio.




O máis grave é que dende as súas declaraçóns ata hoje pasarom 7 días e os juizes espanhois aínda nom tomarom ningumha medida contra esta persoa, e aínda por riba este elemento em vez de dicir que cometera um erro dijo que dijera umha verdade. Seguramente que si sae alguem defendendo a ETA rapidamente actuaríam de oficio contra esa persoa mais contra este senhor nom fijerom nada. Así é poder judicial do pequeno imperio.

Para este senhor claro que o Franquismo foi umha época onde houbo placidez porque seguramente que aquel que se metía cos seus rapidamente pagaba o seu prezo por ousar meterse com el.

Mentres tanto no seu partido, ese partido democrático que condena todo o condenábel ningumha persoa saíu a dicir que a opinióm deste elemento subversivo nom representa a opinióm que tenhem eles. Incluso houbo algum membro do seu partido que saíu dandolhe a razóm.

O inefábel político a parte de ser umha dos políticos máis rancorosos é umha persoa que tem a costume de relacionar todo o que nom é o seu ideario com esquerdistas radicais que tentam romper Espanha. Eu tinha muita ilussóm cando chegou Zapatero ao poder de porque ía romper Espanha e vai acabar a lexislatura e Espanha e segue sem romperse (nunca dim a verdade estes do PP).

Este político tem o problema de que em Euskal-Herria nom o podem ver e dende que levou o caralhazo nas eleicçóns que tinha ganadas antes de que foram tem um trauma moi grande. Despois das eleicçóns o tío tivera a cara de saír dicindo que nom foram democráticas e falando de que o pobo de Euskal-Herria era um pobo inmaduro. Eu creo que o inmaduro é el e a parte de inmaduro é mala persoa e nom sabe acatar a decissom do pobo soberano.

Agardando que este senhor seja juzgado polo que dijo, um saudo dende a porta do castro.

16 outubro 2007

Tu Quoque Iolanda?

Comunicado

Sendo requiridos por Dom Pablo Carvajal de la Torre, representante legal de Dona Yolanda Castaño Pereira, a retirar do nosso site o desenho gráfico “Tu Quoque Iolanda?” e os comentários a ele adjuntos, sob ameaça de demanda judicial por delitos de injúrias com publicidade, e nom querendo ferir a delicada sensibilidade da nossa insigne poetisa, Aduaneiros sem Fronteiras, questionando-nos até que ponto tem sentido continuar a fazer humor gráfico neste país e a desenvolver umha autocrítica da razom galega, vimos de decidir fechar o nosso site por enquanto o nosso legítimo direito à liberdade de expressom nom se veja a salvo de coacçons judiciárias fora de lugar.


Comunicado


Após a reacçom na rede e na comunicaçom social suscitada polo fecho do nosso site e comprovando o crescente agromar de diferentes e infundadas versons sobre o acontecido, alimentadas mesmo polas declaraçons da própria demandante em diferentes meios, vimos de decidir emitir um segundo comunicado para clarejar vários aspectos de nossa decisom. Concretamente sobre o processo encetado polo advogado de Dona Yolanda Castaño Pereira contra a nossa publicaçom, no que segundo ela própria, só se colocaram em causa apenas os comentários do site e nom o desenho gráfico de “Teu Quoque Yolanda?”. Com tal motivo, vemos-nos na obriga de publicar a carta remetida via mail polo seu advogado, Dom Pablo Carvajal de la Torre, para demonstrar a ausência de veracidade nas suas declaraçons mediáticas.

Depois de traduzir a carta ao galego e compreender o seu conteúdo, solicitamos um tempo de reflexom para consultar com a nossa advogada, e depois de ser rejeitada tanto a nossa oferta de retirar os comentários e manter o desenho gráfico como o nosso desejo de resolver o assunto entre as pessoas e nom mediante advogados, fomos requeridos por Dom Pablo Carvajal através da nossa advogada a despublicar tudo antes da próxima segunda-feira 22 de Outubro. Por umha parte doeu-nos nesta situaçom que entre criadores e criadoras galegas, se tenha que recorrer a advogados e ameaças judiciais para arranjar um problema do que nem sequer tínhamos constáncia. E por outra que se ponha em questom a sinceridade dumha decisom que foi dura de tomar polo que supom retirar da rede o trabalho de quatro anos. As acusaçons de vitimismo e reacçom desmedida estám fora de lugar: o fecho era a única medida possível para evitar um processo judicial que repercutiria muito negativamente sobre ambas as partes sem claudicar do nosso direito à liberdade de expressom. Queremos lembrar que o feche seria reversível se, como agora afirma a demandante, estivesse disposta a aceitar por escrito ou pessoalmente a nossa já reiterada oferta de retirar os comentários e manter o desenho gráfico. Nom é a nossa intençom prolongar por mais tempo esta absurda situaçom na que todos e todas podemos acabar por nos travar a língua e nos fazer sangue no principal órgao de expressom humana:
a boca.





Dende aqui o meu apoio a xente de aduaneiros sem fronteiras, e darlhes azos para que voltem o máis axinha posibel porque a súa presença era ar fresco na rede e no nosso país

E o debuxo em cuestiom adicado a Iolanda

09 outubro 2007

Lecçóns


Umha das cousas que máis me “gusta” dos mass media e dos políticos de espanhois som as lecçóns que acostumam a dar aos países de Latinoamérica sobre as ditaduras, cando realmente os que deberíam aprender algo som os espanhois.

A cousa bem a conto do que pasou recentemente em Chile coa familia de Pinochet e o que está acontecer em Espanha coa familia de Franco. Mentres em Chile a familia do xenocida vai ser juzgada em Espanha siguem paseando pola rúa sem devolver todo o que roubarom ao pobo.

Nom so esto me pom de mala hostia, mentres nos países Latinoamericanos muitos dos que colaborarom nos golpes de estado vam a ser juzgados, ou polo menos o intentarom, en Espanha seguem na rúa, e algúm segue paseando em carros oficiais.

O que mais me cabrea e escoitar aos mass media falando da maravilhosa transiçóm que viviu o estado, que ponhem como um ejemplo, e se permitem o luxo de criticar a eses países onde polo menos se esta intentando facer algo contra os ditadores que sufrirom. E aínda por riba os juizes espanhois ,mais concretamente o inefable Garzóm, tenhem a cara de intentar levar a cadeia aos que colaborarom neses xenocidios cando no caso espanhol nunca se atreverom a entrar.

E aquí e onde entramos na famosa “lei do punto final” que consistiu em que um senhor posto a dedo polo ditador quedaba como máxima autoridade do país e como todo o que certas persoas fijeram durante eses anos quedara no arquivo da xente mais nom repercutira no estado que nos impuxerom. Esas persoas que nunca tiverom que pagar um prezo polo que fijerom, cal foi o prezo que pagou Fragasaurios polo de Vitoria ou polo asasinato de Julian Grimau (por ponher dous ejemplos) ningúm segue paseando em carro oficial do que so o baixarám o día do seu pasamento.

Outras das cousas que me pom de mala hostia é o da lei da Memoria Histórica, dím que com esta lei o que se esta a facer é removelo pasado, volver as dúas Espanhas. Nom param a pensar que houbo um grupo de xente que se levantou contra o estado existente para imponher outro sistema totalitario .


E como sempre para rematar aparece a igrexa coa beatificaçóm de nom sei cantas persoas mártires da guerra civil que curiosamente som todos do bando que se levantou contra a República. Esa igrexa que a día de hoje sigue financiada por um estado supostamente laico, e que se permite o luxo de ter umha emisora de radio que chama continuamente a um levantamento militar. Como ponhía um día na revista El jueves porque na casilha da declaraçóm da renda cando pos a cruz para igrexa nom se reparte entre todas as relixions existentes.

Como se podem permitir dar lecçóns a ninguém se som o pior ejemplo existente.




07 outubro 2007

Por que dim detençóns cando querem dicir secuestro?

Dentro dum mes fai 2 anos do secuestro da mesa nacional da Assembleia da Mocidade Independentista (AMI) e estes días podemos ver imaxes semelhantes na televissom co secuestro da mesa nacional de Batasuna, que se nom recordo mal nom é a primeira vez que lhe pasa a mesa nacional esquerda abertzale.

Os mass media, que sempre acadam imaxes das operaçóns, as vendem como detençóns que suponhem um éxito da democracia espanhola cando realmente o que fam é demostrar a debilidade do estado espanhol, que só é capaz de deter a acçóm dos que se movem contra o sistema com medidas represivas.



Primeiro foi a lei de partidos, umha lei que aplicada aos partidos que a propuserom tambem os podería levar a ilegalizaçóm. Por um lado o PP negase a condenar o sucedido a partir do 1936 e o Psoe creou umha banda armada cando estaba no goberno para acabar com ETA, se estes nom som motivos suficientes para aplicarlhes a súa lei que me expliquem para que vale.

A lei de partidos aprobouse co medo de outras organizaçóns e coa colaboraçóm dos mass media, cando supuxo o maior recorte de liberdades da mal chamada democracia. Em Euskal-herria máis de 150000 persoas quedarom sem voz nos lugares de decissom políticos.

Cando comprobarom que esa lei nom puiderom acadar o seu obxectivo de calar as vozes discordantes recurrirom aos secuestros dos molestos.

O acontecido coa xente de A.M.I. fai 2 anos foi vergonzoso. Rapaces que so tenhem como delito defender o seu país forom secuestrados em diferentes cidades de Galiza cum despregue digno dumha americana. Um par de días máis tarde forom liberados na capital do pequeno imperio. A día de hoje aínda desconhecem como está o seu caso porque as únicas novas que tenhem é a través do mass media.

No caso de EH o que acontece é que o goberno do estado despois que fracasara o proceso de paz, por culpa da extrema dereita espanholista ( PP e todos os seus hooligans Cope ,AVT,etc...) tem que lavala cara para que nas eleicçóns de marzo nom lhe pasem factura.

O Psoe sabe que EH nom vai conseguir máis apoio dos que tem,em todo caso pode quitarlhe algo ao PP, entom tem que acadar eses votos noutros puntos do estado. E para acadar esto pode facelo de dous xeitos com ofertas electorais (como está pasando últimamente) e com imaxes do que eles chamam detençóns dos que se movem.

O problema de todo esto é que logo falam da súa defensa da liberdade de expressóm, mais o único que pretendem é calar aos que molestam. A palabra é o debate e nunca matou a ninguém e para mím Batasuna é umha organizaçóm politíca que o único que fai é defender os seus ideiais (nom entro em si comparto os seus métodos).