31 agosto 2008

Romaría de aniversario

A semana pasada vivimos em Maninhos o aniversario da que pasa por ser a romaría laica máis antiga da provincia da Corunha, o 75 aniversario. Para esta celebraçóm dende a A.C.R.D. O Pote preparou umha jornada cargada de actos.

A romaría do Pote vem sendo o acto máis importante que realiza a sociedade mas nom é o único que se realiza, durante o ano a sociedade realiza umha serie de actividades aberta a toda a xente e tambem organiza jornadas específicas (como bailes e a semana cultural das letras galegas).

Como comenta no seu blogue Mario a sociedade do Pote para muitos foi o primeiro punto de contacto que tivemos co país, aínda que eu tinha 4 anos recordo um concerto que se fixera no campo de futebol onde tocaram Fuxan os Ventos e Milladoiro. Recordo aqueles bailes de entroido,as clases de gaita(nas que nom avanzei nada) ou as de debuxo, cando jogabamos ao futebol sala ou ao balonmam na equipa da sociedade. Para mim a sociedade é um ejemplo a transmitir ao país, sei que na actualidade nom goza da melhor saúde mas este tipo de sociedades levarom ao concelho de Fene ao seu máximo esplendor a principios dos 80 e cando vejo aos centros sociais a ideia que me vem a cabeza e a do Pote e o resto de sociedades do concelho.

Mas volvendo á festa deste ano vouvos contar as sensaçóns que vivim ese día. A verdade que cando espertei asusteime porque estaba chovendo e vía que o trabalho que realizara a xente da organizaçóm podía botarse a perder, e sei o duro que é porque o ano pasado cando eu estaba na directiva pasounos.

A verdade é que o susto pasou e empezou a abrir o día, e creo que se debeu a que o primeiro que tocou foi o nosso punki, que nom deixou indiferente a ninguém, tocou o repertorio do Leio e aínda que eram as 12 da manha já fixo que o corpo pedira as primeiras cervejas do día.

Logo foi o turnos para as cantareiras de A.C. Alende, um grupo de cantareiras chegadas das Pontes e que derom paso ao pregóm. Para rematar a manha tivemos a sorte de escoitar a María Manuela, a que foi a minha primeira profesora de debuxo e coa que tivem a sorte de falar um tempo ese día.

A verdade é que o momento do día foi poder compartir uns minutos com Mini e Mero, Leo e umha persoa de Maninhos pola que sinto muito aprecio e que foi o responsábel de que A Quenlla vinhera a romaría. Estar ao lado desta xente para mim foi algo espectacular mas o que máis me chegou foi escoitar a Mini no cenario dizer o que significaba para eles voltar ao Pote 30 anos máis tarde e os bos recordos que tinham das veces que estiveram aquí, do ilusiónante que para eles era a sociedade a finais dos 70 e principios dos 80 cando se luitaba por um país diferente um país polo que aínda temos que luitar. A verdade é que as palabras fixéronme sentir orgulhoso de formar parte da sociedade e que o meu povo para esta xente significara tanto.

Pola tarde tivemos a actuaçóm dum prodixio da acordeom um rapaz de 12 anos, Serafín Santamariña, das acordeonistas As Dúas, A Quenlla e do Bellón-Maceiras quinteto.

Ao final foi um día que vou recordar toda a minha vida porque estivem com xente que para mim som um ejemplo e porque puidem compartir a jornada com muita xente que facía tempo que nom vía.



30 agosto 2008

O meme da fim do mundo

O amigo residente da illa de Gorée deixoume um recado estes días para que fixera um meme
Se fose a fim do mundo:

Que tema che gustaría escoitar?

Ultimamente a verdade é que estou escoitando diferentes cousas, de diferentes interpretes. Mas gracias a um amigo descubrim umha obra que si me gostaria escuitar em directo “Campanades a Morts” de Lluis Llach (despois de ver a interpretaçóm que fai no documental “La Revolta Permanent”

A que livro lhe botarías un olho?

Tenho pendentes varias lecturas, já que a última vez que fum a Compostela merquei varias cousas para ler. O que leo ultimamente som livros de historia e biografías de xente interesante, tambem tenho pendentes os livros de Estaleiro.

Con quen che gustaría falar?

Co colegas de Compostela, este verám nom nos vimos muito e um já empeza a botar em falta esas conversas mentres tomamos umha cerveja antes de saír de festa.
Tambem tenho ganas de falar com umha boa amiga, porque gosto das conversas que tenho com ela.

Que che gustaría comer?

A verdade é que si o meu verám tem algo anormal e o tema das comidas. Entre patróns, reunións familiares e ceas cos colegas a estas alturas nom tenho ningumha interese em comer nada especial.

Que farías e que che queda pendente por facer?

Muitas cousas.
O primeiro que faría sería ir colhendo a viagem para as ferias do mes que vem e quedar coa xente que preciso ver.
Cousas que me quedam pendente há tantas que nom sei por onde empezar.

Creo que já cumplim umha parte do me encargou a outra prometo facela tambem.