31 agosto 2008

Romaría de aniversario

A semana pasada vivimos em Maninhos o aniversario da que pasa por ser a romaría laica máis antiga da provincia da Corunha, o 75 aniversario. Para esta celebraçóm dende a A.C.R.D. O Pote preparou umha jornada cargada de actos.

A romaría do Pote vem sendo o acto máis importante que realiza a sociedade mas nom é o único que se realiza, durante o ano a sociedade realiza umha serie de actividades aberta a toda a xente e tambem organiza jornadas específicas (como bailes e a semana cultural das letras galegas).

Como comenta no seu blogue Mario a sociedade do Pote para muitos foi o primeiro punto de contacto que tivemos co país, aínda que eu tinha 4 anos recordo um concerto que se fixera no campo de futebol onde tocaram Fuxan os Ventos e Milladoiro. Recordo aqueles bailes de entroido,as clases de gaita(nas que nom avanzei nada) ou as de debuxo, cando jogabamos ao futebol sala ou ao balonmam na equipa da sociedade. Para mim a sociedade é um ejemplo a transmitir ao país, sei que na actualidade nom goza da melhor saúde mas este tipo de sociedades levarom ao concelho de Fene ao seu máximo esplendor a principios dos 80 e cando vejo aos centros sociais a ideia que me vem a cabeza e a do Pote e o resto de sociedades do concelho.

Mas volvendo á festa deste ano vouvos contar as sensaçóns que vivim ese día. A verdade que cando espertei asusteime porque estaba chovendo e vía que o trabalho que realizara a xente da organizaçóm podía botarse a perder, e sei o duro que é porque o ano pasado cando eu estaba na directiva pasounos.

A verdade é que o susto pasou e empezou a abrir o día, e creo que se debeu a que o primeiro que tocou foi o nosso punki, que nom deixou indiferente a ninguém, tocou o repertorio do Leio e aínda que eram as 12 da manha já fixo que o corpo pedira as primeiras cervejas do día.

Logo foi o turnos para as cantareiras de A.C. Alende, um grupo de cantareiras chegadas das Pontes e que derom paso ao pregóm. Para rematar a manha tivemos a sorte de escoitar a María Manuela, a que foi a minha primeira profesora de debuxo e coa que tivem a sorte de falar um tempo ese día.

A verdade é que o momento do día foi poder compartir uns minutos com Mini e Mero, Leo e umha persoa de Maninhos pola que sinto muito aprecio e que foi o responsábel de que A Quenlla vinhera a romaría. Estar ao lado desta xente para mim foi algo espectacular mas o que máis me chegou foi escoitar a Mini no cenario dizer o que significaba para eles voltar ao Pote 30 anos máis tarde e os bos recordos que tinham das veces que estiveram aquí, do ilusiónante que para eles era a sociedade a finais dos 70 e principios dos 80 cando se luitaba por um país diferente um país polo que aínda temos que luitar. A verdade é que as palabras fixéronme sentir orgulhoso de formar parte da sociedade e que o meu povo para esta xente significara tanto.

Pola tarde tivemos a actuaçóm dum prodixio da acordeom um rapaz de 12 anos, Serafín Santamariña, das acordeonistas As Dúas, A Quenlla e do Bellón-Maceiras quinteto.

Ao final foi um día que vou recordar toda a minha vida porque estivem com xente que para mim som um ejemplo e porque puidem compartir a jornada com muita xente que facía tempo que nom vía.



Um comentário:

Zerovacas disse...

Noraboa polo traballo feito. Deume moita magoa non ir (pero teño xa moitas testemuñas de que a festa foi completa e de que todo o mundo o pasou xenial)