27 setembro 2008

Som eles os atacados?

A vindeira segunda feira estam chamados a declarar num julgado de Vigo tres militantes da AMI, o motivo nom é outro que umha denuncia presentada polo colectivo de extrema dereita espanholista falacia bilingüe.

A denuncia presentouna este colectivo antigalego porque os mentireiros desta seita consideram que o trabalho audiovisual realizado pola AMI no pasado mes de maio incorre em dous delitos un "contra as liberdades fundamentais" e outro de "ameazas e coacçóns" .Na Galiza os únicos que atacam as liberdades fundamentais som eles que estam atentando continuamente contra este país coas mentiras que día a día vendem nos seus mass media afíns, falando dumha persecuçóm contra o castelam que nom existe já que como dixem noutras das minhas parrafeadas a única lingua que esta perseguida na Galiza é o galego.


Já anteriormente dixem que o trabalho da xente de AMI parecíame bastante bom e de feito chamo a toda a xente a que o veja e que saque as conclussons. E decirlhes aos da falacia que se vaiam a Espanha se querem falar espanhol que na Galiza já estamos cansos de aturar as parvadas deles. Que aquí os que querem acabar com umha lingua som eles, nom somos nós, nós queremos usar a nossa livremente algo que a día de hoje nom se pode facer.

Dende aquí nada máis, so transmitir o meu apoio a xente de AMI que o vindeiro día 29 vai ter que ir a julgado a prestar declaraçóm por um delito que so vem uns paranoicos pagados pola extrema dereita espanholista.


Aí vos deixo um novo trabalho desta xente, um trabalho onde nom casam com ninguem.

Um comentário:

Mario disse...

Sinceramente, non creo que os demandantes teñan de onde rañar nese xuízo, como non sexa a publicidade e o feito de dar un golpe psicolóxico. Estaban os de South Park, os dos guiñois e os de Muchachada en cadea perpetua.