06 abril 2008

Festa rachada


Por um día vou falar de algo diferente. Esta sexta feira houbo festa rachada na capital da nacçóm, co motivo da celebraçóm do aniversario do cineclube Compostela e estas festas som recomendábeis polo bem que se pasa (eu já disfrutei da do ano pasado). Este ano a festa foi apoteosica sendo um éxito a todos os niveis (daba gusto vela gentalha chea de xente). A festa tinha umha defendía umha ideia que todos debiamos ter presente “A propiedade intelectual é um roubo”

A festa estaba bem programada, comezaba ás 8 da tarde co pase dumha película eu por motivos axenos a minha vontade nom pudem chegar á película. Despois a xente de Berrobambán teatro fixerom a súa aportaçóm á festa facéndonos quentar os motores da apoteose que estaba por chegar.

Logo comezou a tomar peso a música na festa. Empezou Emilio José, a verdade é que eu aproveitei o momento para tomar uns grolos e colher azos para o furacám ataque escampe que presentabam ante os seus fans máis radicais o seu primeiro cd de título tam forte como real Galicia es una mierda. Que dicir dos ataque escampe em dúas palabras im-presionante, lamentar o gram número de mancados que houbo durante o concerto aínda que nom há que lamentar ningumha lessom grave. Entre berros de o cineclube es una mierda do publico rematarom o concerto.

A continuaçóm sairom ao cenario o gram Leo e Garcia de DKTC, um espectáculo novidosos quixerom facerlhe a Celso Emilio Ferreiro. Empezou Leo co seu recordo aos “admirados de Galicia Bilingüe”, eses grandes defensores da liberdades, adicandolhes a súa cançóm Bilingüismo harmónico. Logo tocoulhe o turno a Garcia que recitou em clave hip hop um poema de Celso Emilio e así até o remate.

A traca final foi ver tocando xuntos a Leo, Emilio José, Garcia e os Ataque Escampe. A festa que empezou ás 8 da tarde rematou varias horas máis tarde, a festa na gentalha porque logo continuou por outros antros de Compostela.

Dicir que durante a festa había postos de venda de camisolas co lema a propiedade intelectual é un roubo, o novo cd dos Ataque Escampe e o primeiro libro de estaleiro editora (a que lhe desejo dende aquí muitos éxitos).

A próxima festa anímovos a acudir porque o ides pasar em grande.

4 comentários:

A Raíña Vermella disse...

Que ilusión me fixo ver o libriño xa editado! A que quedou chuliño? Os rapaces xa nos teñen acostumados a ser a caña, pero non por iso fai menos ilusión. Un bico grande, meu.

Mario disse...

Aver se volvemos vernos para a seguinte (e desta vez conseguimos sair do Ruta).

A rapaza do arco disse...

Si o pasamos ben naquela ;D
Xa cumprín aquela promesa que che fixera hai tempo noutra noite de marcha. Biquiños

busto.agolada disse...

Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) o día 31 de maio de 2008 no singular espazo de Os Pndellos. Gustaríanos contar coa túa presenza.
Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
Para máis información:
http://blog-xuntanza.blogspot.com