27 março 2008

Inocentada?

Já sei que lhe debo um meme a um amigo e prometo facelo agora que estou máis livre. Pero é que precisaba comentar esta nova.


Inocentada é a primeira ideia que se me pasa pola cabeza despois de ler o informe do Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) que vim onte num jornal galego, e digo que foi a primeira ideia porque proximamente celebrase o día dos inocentes nos países lusofonos(senom estou trabucado). O primeiro que se me pasou pola cabeza foi estam de broma, mas a cousa é máis preocupante do que poderiamos pensar.

Eu creo que cando actuam deste xeito o que estam é recortando as liberdades e atacando as ideias da xente. Cal é o delito? sentirse galego? nom o entendo logo dirám que no jogo “democrático” no que vivimos nunca se atacam as ideias só se atacam aos que nom participam no jogo.

Nom toda a xente que leva um autocolante do carro co Gz é nacionalista nim independentista, haberá persoas que o levam porque querem a Galiza sem deixar de sentirse espanhois. É ainda que foram nacionalistas cal é o delito? pensar diferente ao que o sistema nos pretende vender como o ideal que dano fai umha persoa por levar o escudo nacional o distintivo ou a bandeira nacional do seu país.

Por que se está a perseguir a organizaçóns políticas, sindicais ou culturais? cal é o seu pecado?. Nom o entendo, estamos numha espiral neste mundo e falo de mundo porque é a ideia dos grandes países de crear medo e recortar liberdades. Nom há dereito a pensar diferente nom podes dicir que eres galego e nom te sentes espanhol sem que acompanhem da palabra “terrorista”, que já me diredes que tem que ver umha cousa com outra. Terroristas há muitos e nom so num bando o que pasa é que vivimos numha sociedade onde se criminalizam as ideias sem dereito a discrepar co sistema predominante.

A verdade cada día que pasa vivo máis abraiado co que vexo e o pior é que sempre acabam conseguindo os seus obxectivos como se deixou ver nas ultimas eleicçóns espanholas onde ganhou a súa ideia de modelo bipartidista.

Um comentário:

Mario disse...

Ogalla fose unha broma, si.