27 maio 2008

Luita e orixinalidade

Pasou o día das letras e deste ano vou destacar o trabalho audiovisual realizado pola xente de AMI. O día 16 pola noite botandolhe umha olhada á rede, atopei um nova que falaba dum vídeo chamado Vilingüismo realizado pola xente desta organizaçóm.

Rapidamente entrei na páxina em cuestom e olhei o magnifico trabalho realizado, cumha mensaxe clara e concisa "o único idioma que corre perigo na actualidade é o galego". Dende o momento em que rematei de olhar o vídeo púxenme a pensar no xeito de dar a conhecer o trabalho realizado por esta xente, empecei a mandar correios aos meus amigos para que nom perderam a oportunidade de olhalo e o descarreguei para deixarlho a xente próxima.

A verdade é que do vídeo o que máis me chegou foi no momento em que logo de liberarnos da lacra dos espanholistas empezabam a falar coa xente e lhes dim que si quere ser esta a xeraçóm de galegos que bote a perder a nossa lingua. Se em 500 anos de repressom, persecuçóm e imposiçóm nom o conseguirom porque temos que ser nós os que fagamos eso, eu cada vez que o penso ponhome de mala hostia. Canta verdade e canto noxo damos as xeraçóns actuais, som muitos os que crem que co nosso idioma nom vamos a ningum lado, ao melhor os que nom vam a ningúm lado som eles por pensar así.

Da xente que conhezo que viu o vídeo a maioría dim que esta moi bem, que a mensaxe que intentam transmitir é acertado. Os únicos improperios que vim olheinos no foro de Falacia Bilingüe, e o único cualificativo que usam e o fomento do terrorismo (sempre recurrem ao mesmo argumento), pregúntome esta xente cando ve South Park ou Padre de Familia seguro que escacham coa risa cando vem algo semelhante.


Outras das novas destacas e tambem recomendábel para todos é o último número da revista retranca onde fam umha análise da imposiçóm do galego que vem algúns, co título das Bolas de Galicia Bilingüe. Os que aínda nom o tenhades correde ao quiosco e mercádeo, a revista está moi bem todos os meses mas este sáese (grande Kiko Da Silva).





A verdade é que ha sectores do país que nom calam ante o que esta pasando e eso fai que polo menos eu me atope com ganas de seguir trabalhando por este país porque som muitas as veces que a um se lhe pasa pola cabeza mandar tudo a merda e deixarse levar.


2 comentários:

Mario disse...

Eu tamén me emocionei con esa parte do video. Foi un estupendo traballo, aínda que tecnicamente era mellorábel, facía falta algo así. E dos GB, que dicir, se xa se (re)califican eles sos.

A Raíña Vermella disse...

Teño que velo. Polo de agora, flipando con Retranca;)