Era sábado seríam sobre as catro da tarde, descolguei o telefone. Ao outro lado da línea umha voz feminina falándome em espanhol. Ela presentase di para quem trabalha e empeza a preguntar.
Eu pensando alguém estará tomándome o pelo, vou poder dicir o que me sae do caralho. A primeira pregunta e cantas persoas vivem na casa e as idades que tenhem, contesto. Pregúntame a minha idade e empeza o interesante, a primeira pregunta é a que partido nom votaría nunca, eu contesto aos espanholistas. O outro lado da línea silenzo, a rapaza pregunta, a que te refires por espanholistas? eu tento explicarlho e ela parece entrar em razóm.
Logo toca preguntar se vou votar, digolhe que creo que sim, pregúntame a quem e contesto. Pregúntame como me defino ideoloxicamente digolhe que som de esquerdas e independentista, ela cala. Agora toca analizar lideres políticos, nom aproba ningúm aos do PP doulhes um 0, aos do psoe e o do BNG levam um 2 (para mim é o que se merece incluso algo menos) e Llamazares um 3. A tía cala, parece nom entender nada e volve a preguntar polo líder do BNG digolhe que um 2.
Dime para rematar quería preguntarlhe se é cristiá, ateo ou profesa outras relixións ao que eu lhe contesto ateo.
A rapaza despídese dáme as gracias, a metade da entrevista (cando lhe dixem os dos partidos espanholistas) mudou de idioma e pasou ao galego. Por fim vou ter voz nas enquisas, sento de novo no silhom e empezo a cavilar. Miro en internet máis dados sobre a empresa que me chamou e cal é a minha sorpresa que trabalha para medios próximos ao PP.
5 comentários:
Case me dá algo coa risa. Pobre rapariga, o susto que debeu levar.
mimá! seguro que esa noite tivo pesadelos contigo ;D
Está ben saber que chaman de verdade, eu pensaba que directamente inventaban os resultados (aínda que seguro que despois tamén poñen o que lles dá a gana).
Estos galleguistas. Así va España. Pobre niña, solo estaba trabajando y levantando este país. Saludos.
Salvador (jejejejeje)
Quedouche recado para un novo meme no meu blogue (se queres). Apertas.
Xa lles fastidiaches a sondaxe. Non entras nos seus esquemas
Postar um comentário