Nos últimos tempos estam sucedendo no país cousas moi graves sem que ninguém se ponha colorado. Primeiro foi A Corunha, logo Compostela e Vigo, mais se seguimos observando seguro que em outros lugares tambem sucedeu algo.
Actualmente estamos vivindo ataques ao nossos intereses como cidadáns dumha nacçóm moi graves. O acontecido num país com umha democracia real sería algo moi grave mais no mundo onde vivimos o ataque é o que sofrem eles.
O acontecido na Corunha com umha concentraçóm pacifica ante os que falam dum mundo de fantasías onde esta imposto um idioma foi o comezo dumha espiral que a calquera irritaría. A organizaçóm convócante da concentraçóm reúnese todos os venres para defender a liberdade do castelám, nom sabia eu que o castelám estaba perseguido na Galiza,um grupo de persoas (máis numeroso que os outros) decidiu decirlhes que aquí o idioma perseguido é o galego e cal foi a resposta que se deu a esa concentraçóm pacifica pois foi a única que sabem dar paus e manipulaçóns mediaticas.
Cando aínda estaba recente o de Corunha saltou as paxinas umha suposta agressom a umha política da extrema-dereita espanhola. Umha persoa que nom tem ningúm rubor em gabar o franquismo, com iso se diría todo desta persoa mais o lamentábel é que os culpábeis na democracia na que vivimos som os apaleados polos gardacostas desta elementa. O acontecido na facultade de económicas de Compostela e todo ocorrido arredor dese acto é um suceso moi grave. A detençóm dos rapaces que participarom numha convocatoria de repulsa a presenza desta “demócrata tam conhecida” vem a demostrar a que nom existe a liberdade de expressom. O problema máis grave é que estamos em época electoral e há algúns que so sabem facer a política do medo e o pior é que o resto de partidos nom so nom lhes levam a contraria e repudiam as actitudes desta xente senom que tenhem a cara de saír defendendo a xentuza deste tipo.
Cando todo esto estaba a ocorrer ja andaba polo país o bus da burla o da asociaçóm de extrema-dereita Galicia bilingüe, reclamando como os da Corunha nom sei que igualdade de trato, nom sei em que mundo vivo eu mais o que esta claro é que onde eu vivo o castelám nom corre ningúm perigo. Esta xentinha tenhem um bus que percorre o país recorrendo sinaturas, o máis curioso é que o bus tem matricula de Portugal e um condutor brasileiro. Estes animais o outro día em Vigo vinherom a demostrar as súas formas o demócratas que som e como defendem a liberdade da xente.
Que está sucedendo no nosso país de onde esta a saír esta xente resentida que anda atacando a nossa lingua baixo umhas desculpas que ninguém comprende. Estes grupos estám apoiados por alguém porque estam realizando campanhas com um alto custe económico.
Por outro lado podemos sentirnos orgulhosos de que ante os ataques que esta a sufrir o nosso país ha xente que lhes esta plantando cara, o que é um bo síntoma.
Nenhum comentário:
Postar um comentário