O vindeiro domingo rematam estas datas nas que segum se di por aí som festas nas que há muito que celebrar aínda que eu creo que e a época de maior despilfarro de cartos.
Antes de nada dicir que eu odio estas festas, o meu odio vai crescendo a medida que pasam os anos. Odio estas datas porque segum dim som as datas onde todos temos que estar felices e facer propósito de emenda para o novo ano.
O aviso de que vam comezar as festas aparece cada ano máis cedo, em agosto ja esta a venda a lotería de nadal e a finais de outubro ja empeza a aparecer o horroroso alumeado de nadal nas rúas das cidades e vilas.
Estas festas comezam co sorteo de nadal que vem sendo o primeiro gram gasto no que nos metemos, eu sempre fago o mesmo digo que nom vou a mercar e logo chega a hora da verdade e por compromisos acabo deixándome máis dinheiro o ano anterior. Umha vez pasado o sorteo o balance é o sempre se te toca algo, umha pedrea como muito e nom a vas cobrar. Eu som dos que creo que a lotería de nadal é um timo o único que tem é que os premios som mais repartidos que o resto de loterías mais eu prefiro umha primitiva (a que nom jogo).
Pasado o primeiro gram gasto chegam a cea de noiteboa e a comida de nadal, eu pregúntome porque nom se pode facer eses dias umhas comidas normais porque temos que ter 3 pratos e sobremesa se, polo menos no meu caso, nom paso do primeiro prato. E logo esta o prezo dos produtos que multiplicam o seu valor por 10 no melhor dos casos e aínda por riba ese aumento de prezo vai beneficiar a um intermediario. Terminada esas primeiras jornadas gastronómicas em familia pasas dous días recuperando do exceso e comendo o que sobrou.
O nadal vai pasando e chega o día do cambio de ano, no que segum se di temos que facer propósito de enmenda porque o día seguinte todo vai cambiar iso sim nom te olvides de tomar as uvas da sorte (vaia campanha de publicidade lhe fijerom as uvas). E o día 2, porque o día 1 nom existe (eu este ano pudem comprobalo) que pasa? sobe o prezo de todos os produtos necesarios na vida sem que os soldos aumentem do mesmo xeito, aínda tenhem a cara a dicir os socialistas que nos governan que a subida é puntual.
Eu este ano podo dicir que as doce menos dez da noite do día 31 apaguei a tele e puxem um cd, así foi o meu cambiando de ano escoitando música. Iso sim pudem enterarme do cambio de ano porque recibim sms (eu tambem mandei algum). Polo menos este ano ao estar sozinho nom tivem que soportar as campanadas de turno.
Dicir que o día 31 para muitos e umha nova jornada gastronómica na que ja te preparas para a gram borracheira na que celebrar o ano que vai comezar. É verdade o día 1 vamos vivir no paraíso, com uns soldos mais altos e num mundo sem nengum problema.
Pasado o día que nom existe, se algumha vez probachedes a ver como é o día 1 nom o fagades, eu este ano por motivos laborais pudem "desfrutar" e comprobar que este día e o máis triste do ano ata nos mass media os desinformativos som máis lamentábeis que de costume.
E logo chega o último día do despilfarro o día 6, esta semana tivem que ir ao Polígono da Gandara em Trasancos um lugar onde se atopam a maioría de grandes areas comerciais da bisbarra e estaba colapsado.
Concluídas estas datas chega a hora de apertarse o cinto porque os gastos destas festas traem consecuencias as economías familiares.
Nenhum comentário:
Postar um comentário