27 janeiro 2008

Perigo chegam as eleiçóns

A verdade é que é raro o ano no que nom há eleiçóns por eso chega um momento que che fai pensar se nom se deberíam facer o mesmo día cada 4 anos todas as votaçóns em vez de gastar todo o dinheiro que se gastam em campanhas electorais cada ano. Mais hoje ese nom é o tema a tratar, hoje vou a falar das promesas e demais cousas que pasam ao redor dos períodos electorais.

A verdade é que estas eleiçóns nom me importam muito porque há que optar entre dúas opçóns que nom me convencem, digo dúas porque me refiro a presidencia do governo, máis tarde falarei do congreso. E digo que no me convencem porque som dos que creo que os dous partidos venhem a significar máis ou menos o mesmo, exceptuando os temas sociais (ou algum). A política económica dos dous é moi semelhante e senom fora asim os poderosos nom deixariam que os que nom lhe gustaram acadaram o poder.

Umha vitoria do PP suporía um recorde maior das liberdades persoais e um retroceso no avance do autogoverno do nosso pais. Fai uns días saia o inútil de Rajoy dicindo que se ganha vai implantar a ensinanza do castelám em todo o estado. Este home nom debe conhecer a situaçóm real das linguas ou polo menos o que pasa na Galiza onde a maioría dos centros educativos incumprem umha lei impulsada polo seu partido cando nos mal-governaba.

O PSOE nom é ningumha garantía de que as cousas vaiam a melhorar. Ja vimos como forom estes catro anos, muitas promesas e muito talante mais nom se adiantou nada nas cuestións nacionais nim na definiçóm do estado espanhol. Acadáronse algumhas leis a nivel social que eram necesarias pero cal foi o custe, este governo foi o que máis dinheiro deu a igrexa católica dende a transiçóm, e nos últimos días vemos como o governo nom fixo nada ante o ataque a liberdade das mulheres no tema do aborto.

Pero vamos ao que realmente nos interesa aos que sentimos esta naçóm, que é o bom para o nosso pais?. A verdade é que estamos ante a dubida de sempre para muitos, os partidos espanhois nom som ningumha opçóm posíbel mais o BNG actual segue de capa caida e segue coa linha autonomista e sem dicir claramente cal é a súa meta.


E eu pregúntome, no caso de que o BNG sufra um pau gordo nestas eleiçóns cal será a leitura que fará dos resultados a executiva da organizaçóm. Seguira fechando os olhos como esta facendo ultimamente ou variara o rumbo erróneo que leva nos últimos anos.

A ideia do BNG para estas eleiçóns e acadar grupo parlamentar proprio no parlamento espanhol, a ideia soa máis a utopía que a umha posibilidade real.

E que fará o día despois das eleiçóns se os seus aliados bascos e cataláns pactam co PP, rompera a súa alianza ou terá a desvergonha de calar ante tal incongruencia. Nom sei o que pasara mais as cousas pintam mal para a organizaçóm, o BNG intenta vender a ideia de forza com poder em Madrid e a minha opiniom é contraria.

Chegara o día, a xente votara mais a situaçóm da maioría dos mortais nom vai variar, conseguir um piso seguira sendo tam difícil, acadar um posto de trabalho digno seguira sendo um sonho e seguiremos sufrindo os recortes de liberdades que seguiram em aumento porque a estratexia global do medo é moi boa para os poderosos.

2 comentários:

Mario disse...

Ai meu rei, non me fales destas cousas que me deprimo ou me poño dos nervio, e non sei que é pior.

A rapaza do arco disse...

Deprimir deprime abondo. E en canto a lectura dos posíbeis resultados, cada quen interpretará o que lle dea a gana, independentemente do que queiran os votantes.
Hoxe por hoxe o voto tampouco significa expresar ou estar de acordo cunha opinión porque en realidade o único que podemos facer é elexir o menos terríbel. non hai opcións reais.