04 março 2009

Empeza o movemento

Hoje falou a primeira corrente crítica do BNG, o Encontro Irmandiño, e veu a expresar o que muitos pensamos e nestes intres estou escoitando ao seu cabeza visíbel na radio galega que está a falando moi claro do que pensa el e do que é o pensamento de muitos dos que militamos ou simpatizamos co bloco.
Na entrevista que acaba de conceder, recoméndovos que a escoitedes, veu a dizer que se o bloco tivo a debacle este domingo nom foi polo ocorrido nos últimos catro anos senom que vem de máis adiante cando o bloco decidiu darlhe as costas aos movementos sociais deste país. Tambem invitou a um sector que tudos conhecemos a que por umha vez deam a cara e se querem que se presentem a umhas eleicçóns.
Dixo que el nom buscaba umha guerra civil mas que se ese sector se empenhaba em facer jogo sucio que estaríam dispostos a dar guerra e si for necesario a saír do bloco. Como lhe dicía a algumha das persoas coas que falei estes días este povo vai saír desta e vai saír triunfante o que acaba de ocorrer foi um toque de atençóm a eses que pensabam que tragabamos com tudo que tinham um cheque em branco. Porque Galiza conta cuns movementos sociais que vam por diante dos nossos políticos e dos partidos que temos.
Xente vémonos nas barricadas, luitando polo nosso país para vencer esta batalha.

3 comentários:

Mario disse...

Non o escoitei, pero alégrome moitísimo de que coincida coa miña lectura. Afinal ten que ser o de sempre o que lles saque as castañas do lume. E aínda menos mal.

A Conxurada disse...

Pois si, verémonos nas barricadas, non quedará outra.
No demais que dis todo muito acertado...o que leva uns anos pasando no bloque é unha vergonza... a ver se despois desta última derrota hai por fin un cambio de rumbo, unha volta cara a sociedade nacionalista que está a pedir a gritos unha forza política estábel e fiábel que os represente.

Arredista disse...

Conxurada,eu som dos que creo que este país tem uns movementos sociais que vam por diante dos políticos e das organizaçóns políticas que temos e um dos problemas do bloco dos últimos tempos e que abandonou a esa xente. Xente coa que antes compartía as luitas e se o bloco nom recupera iso terá que xurdir algo que represente o papel que antes facía o bloco.
E cando digo compartía nom me refiro a como se actuou com Nunca máis refírome a apoiar e compartir a súas luitas nom controlar para logo intentar sacar um redito político.Para mim o máis importante é facer país e defender o país, nom aproveitarse dos que fam ese papel para obter os frutos do trabalho deles (e o bloco agora mesmo intentaba facer eso).