27 setembro 2008

Som eles os atacados?

A vindeira segunda feira estam chamados a declarar num julgado de Vigo tres militantes da AMI, o motivo nom é outro que umha denuncia presentada polo colectivo de extrema dereita espanholista falacia bilingüe.

A denuncia presentouna este colectivo antigalego porque os mentireiros desta seita consideram que o trabalho audiovisual realizado pola AMI no pasado mes de maio incorre em dous delitos un "contra as liberdades fundamentais" e outro de "ameazas e coacçóns" .Na Galiza os únicos que atacam as liberdades fundamentais som eles que estam atentando continuamente contra este país coas mentiras que día a día vendem nos seus mass media afíns, falando dumha persecuçóm contra o castelam que nom existe já que como dixem noutras das minhas parrafeadas a única lingua que esta perseguida na Galiza é o galego.


Já anteriormente dixem que o trabalho da xente de AMI parecíame bastante bom e de feito chamo a toda a xente a que o veja e que saque as conclussons. E decirlhes aos da falacia que se vaiam a Espanha se querem falar espanhol que na Galiza já estamos cansos de aturar as parvadas deles. Que aquí os que querem acabar com umha lingua som eles, nom somos nós, nós queremos usar a nossa livremente algo que a día de hoje nom se pode facer.

Dende aquí nada máis, so transmitir o meu apoio a xente de AMI que o vindeiro día 29 vai ter que ir a julgado a prestar declaraçóm por um delito que so vem uns paranoicos pagados pola extrema dereita espanholista.


Aí vos deixo um novo trabalho desta xente, um trabalho onde nom casam com ninguem.

09 setembro 2008

Asembleias por delegados

Estes días anda pola prensa a nova de que no BNG volve a treboada interna pola convocatoria dumha nova asembleia nacional coa novidade de que esta já vai ser por delegados em vez de aberta a militancia.

Estám no certo os que dím a asembleia por delegados foi aprobada na última asembleia nacional celebrada em decembro do 2006, mas tambem deberíam ter em conta dúas cousas. A primeira é que o resultado da votaçóm nom foi todo o aplastador que algúns contabam (58- 42) e segundo que o BNG sempre se definiu como umha organizaçóm asembleiar.

O motivo polo que se tomou a decissom de facer a asembleia por delegados eu creo que está claro, a certos sectores cada vez lhe custaba máis mobilizar as súas bases e na asembleia comarcal era máis sinxelo.

Nom creo que o motivo foram o que intentarom vender no seu día, eso de que umha asembleia nacional era moi custosa porque a organizaçóm medrara muito no número de afiliados. Nom sei cantos afiliados terá o BNG a día de hoje mas seguro que o número nom medrou tanto como querem vender.

No fondo o que querem facer com esto e facer do BNG umha organizaçóm semelhante ao resto, onde as decissóns tómanse dende a direcçóm e logo a militancia debe defendelas. Onde o poder do militante deixa de influír, deixa de ter a súa oportunidade de dizer o que pensa na asembleia, todos debemos ser o militante obediente e dizer que si a todo o que nos dim dende arriba. Para que vale ser militante dumha organizaçóm num sistema así?



Eu o que penso, é que com estas medidas o único que consiguem e seguir afastando o voto desa xente que cría que o BNG era umha forza diferente. A día de hoje o BNG pretende abarcar um espectro tam amplío de voto que o único que consegue e perder o voto da persoa com conciencia de país, e ganhar voto dos estómagos agradecidos que antes votabam pp e agora votam BNG, mas nom é um voto ideolóxico. Chegara o momento em que baixem do carro oficial e o levaram o gram hostiazo, e ao ritmo que vam as cousas é algo que vexo factíbel em calquer momento porque abandonouse a ese povo co que sempre estivemos na rúa.


07 setembro 2008

Desencanto

Nos últimos tempos esa sería a palabra que melhor define a minha vida, porque síntome desencantado, nom gosto de muitas cousas que vexo mas empezo a dubidar se merece a pena luitar contra elas.

Como já dicía fai um tempo estamos metidos numha gram cruzada do espanholismo para acabar com nós, coa nossa identidade como povo. Seguem atacando a nossa lingua falando de imposiçóm, cando o único idioma que se lhe impuxo a este país foi o castelam, é raro o día em que nom sae merda das súas bocas (informes de clubes financeiros, empresas com manifestos raros, políticas fachas que venhem a vender mentiras). Um día alguém debería pararlhes os pés e decirlhes as cousas com claridade.

O problema nom é ese, o problema é que cada día noto que polo menos eu empezo a estar sem ganas de luitar. Empezo a notar o meu desencanto com esta situaçóm mas nótome sem ganhas para defender as minhas ideias, suponho que seram momentos mas atópome desencantado .Ogalha sexa algo puntual é as cousas voltem a ser como antes porque tampouco me sinto cómodo mas nom tenho ganas de facer nada. Por sorte sei que estou rodeado de xente que seguira defendendo esas ideias nas que cremos, obrigado por estar aí, e dende aquí vos pido desculpas por estar fora de jogo.

05 setembro 2008

O cambio polo que luitamos

Vam tres anos dende que este país decidiu botar aos gaivotas do poder, e parece ser, que os que chegarom para sucedelos olvidaronse do que nos dicíam e andam a cometer os mesmos erros que os anteriores. Agora nom vou falar do goberninhos vouno facer do caso que lhe aconteceu a umha persoa que se criou preto do castro.
Um rapaz participa num certame literario organizado por certo concelho, governado polos gaivotas, e tem a fortuna de vencer. Como ganhador do certame correspondelhe umha cantidade de dinheiro e a publicaçóm do seu poemario, mas todos sabemos como som as cousas. O poemario tem que esperar um tempo porque a editora é pequeninha e leva atraso na publicaçóm das obras ganhadoras, o tempo pasa e por circunstancias da vida aos gaivotas danlhes pasaporte para ponher ao bipartito de turno.
Convocase de novo o certame,o XI Certame, e ganha umha persoa. Os poemarios atrasados vam saíndo e o galardoado da X ediçóm segue agardando que saquem o seu, que fora premiado a finais do 2006. Um día queda sorprendido porque le que vai saír o poemario premiado o ano despois del e a sorpresa crece cando ve que o libro segundo aparece como o galardoado na X ediçóm.
A persoa acode a falar co concelheiro responsábel e atopase co argumento de que o libro o tinham que publicar os que estabam antes que eles nom tenhem nada que ver co tema.
Este foi o cambio polo que este país luitou tanto tempo, o único que queriamos era um país no que cambiaram as cousas nom que cambiaram os que facíam as cousas e sigam cos mesmos métodos que os anteriores.
Que publiquem o seu poemario e se deixem de gilipolheces, que cumpram co prometido cando convocarom o certame, porque eu creo noutra forma de facer política diferente a que temos, cambiarom cousas mas nom todas as que tinham que mudar, e a que tivemos.