03 novembro 2007

A lista pedida

Onte botandolhe umha olhada a blogosfera nacional vim que num blog amigo que me pasabam o testigo para que fixera umha lista de oito cousas. Eu como som pouco orixinal vou a facela de música, grupos, concertos, discos que marcaronme algumha etapa da minha vida.
- A Galicia de Maeloc de Milladoiro foi o primeiro disco que sonou na minha casa. Meus pais som entusiastas da música galega. De feito o meu pai tem vinilos de milladoiro (os primeiros discos), de fuxan os ventos, Amancio Prada, Emilio Cao. Coa maioría destes discos pasei momentos da infancia mais o que máis me marcou foi a Galicia de Maeloc de Milladoiro.



- Amancio Prada num concerto no adro da igrexa de Pontedeume um dos meus tios levoume, a mim um neno de poucos anos, a pedirlhe um autografo. O meu primeiro e único autografo é de Amancio Prada. Probablemente foi um dos meus primeiros concertos aos que asistim, ese ou o que organizara a A.C.R.D. O Pote (dous anos seguidos) no que estiveram os Milladoiro e Fuxan Os Ventos, despois veu o de apoio aos trabalhadores de Astano.
- Use your illusion II de Guns n' roses foi o primeiro cd que merquei. Era o ano 92 estabamos rematando 8 de EXB, foi a época de Guns n' roses merquei a súa discografia entera e cambiei o relojo de mam porque Axel o levaba na man dereita. Eu tambem tivem época friki jejjeje
- ¿ Hay alguien ahí? dos Suaves. Um discazo do grupo de Ourense que escoitei días e días, logo canseime deles despois dum concerto de Ferrol ao que fumos e que Yosi jodeu. Logo vinherom outros grupos como os Mago de Oz, Barricada, Rosendo.
- Skacha no ano 99 chegabame um cd deles. Um CD me amosou um grupo galego que facía música combativa. Como muitos sabedes os skacha som um dos grupos que máis me gustam e nom podíam deixar de aparecer nesta lista.
- Muguruza na Capitol, um concertazo em pleno mes de Janeiro. A capitol a reventar e o gram Muguruza nom faltou a súa cita. Saltei,cantei, bailei e bebim ao ritmo do número 1. Fermin e a Kontrabanda foi um dos melhores concertos da minha vida.
- En moviment de Obrint pas, o penúltimo disco desta banda dos Paisos Catalans um disco em directo increibel. A verdade é que os obrint pas som do melhorcinho que ha, dende a primeira vez que os vim em directo na Rondalha da Bandeira do ano 2005 ata hoje um dos meus grupo de refencia. Ja os conhecia antes mais ganham em directo.
- Skarnio, nom podia faltar nesta lista o colectivo galego máis combatente. Skarnio é o grupo capaz de tocar enriba dum camiom, como fijerom este ano, ata montar umha grande festa aínda que o concelho corte a luz (festa das letras da gentalha do pichel do ano pasado) por eso p
ara mim som os máis grandes e cum directo espectacular.



Aí vos queda a minha lista agardo os comentarios de todos, a ver como me ponhedes.
Vemonos a volta

7 comentários:

Anônimo disse...

É moi simpática a confesión de que cambiaches o reloxo de man porque Axl Rose o levaba na dereita.
Creo que é un reflexo claro de como son as cousas, de qué forzas marcan os nosos puntos de partida, pero tamén de como a personalidade de cada un vai adquirindo capacidade crítica e tomando independencia (uns máis ca outros, claro).
Eu creo que é moi valioso saber entender ese proceso e evitar esa tendencia que ás veces temos de ocultar determinados feitos do pasado para aseverar iso de que "eu sempre fun así", que se cadra non é tan bo como pensamos ser sempre igual.

P.D.: A min gustábame Mecano. Quen esquece aquel antolóxico "Ya
estoy en Nueva York y los jamones son de York".

Arredista disse...

Por nom falar na época em que faciamos o play back de Europe no patio cos amigos jejejejee. Nom o recordara antes.

A rapaza do arco disse...

Pois non sei por qué dis que non é orixinal, coa importancia que ten a música nas nosas vidas (alomenos na de moit@s) recapitular para ver que cousas nos marcaron paréceme máis ca interesante. O que si que era agardábel eran algúns que tiñan que estar facendo ti a lista ;D

p.d:Pasao moi ben nesa viaxe. Un bico grande

Arredista disse...

Boas estou em Porto,na casa de acolhida.Portugal esta moi bem,se tedes a oportunidade nom a perdades.
Gostei muito de Guimararaes, casco antigo moi acolhedor,com muitas prazas pequenas e moi bem coidado.
Braga tambem esta bem ainda que menos coidado que Guimaraes. E Porto e arrededores espectacular.
Ja vos contarei á volta.
Beijos rapaza

Mario disse...

Imaxinas un concerto xunto de todos estes? Eu pagaba por ver a cara de Amancio Prada. Moitas coincidencias, como non podía ser menos (aínda que eu non puiden ir ou non me levaron a ese mítico concerto).

A Raíña Vermella disse...

Curiosa evolución musical a túa. A verdade é que ter uns pais que escoitan boa música, aínda que non sexa a que ti escoitarás de adulto, ábreche as portas a un montón de cousas ás que doutro xeito non terías acceso.

Arredista disse...

A minha foi umha evoluçóm bastante rara jejeje.
Sobre os meus pais podo dicir que tivem muita sorte,porque sempre me levarom a maioria das cousas ás que iam.