24 dezembro 2007

Um país que merece a pena visitar

Acabo de regresar dumha viagem por Euskal-herria (a minha primeira visita) e volvo moi contento do país que me atopei, da súa beleza e do sentimento nacional que vim. Antes de seguir agradecer a xente que me tratou tam bem.



Todo comezou o pasado sábado cando cheguei a Bilbo, ao barrio de Deusto, e aparquei o meu carro ao lado do que dim que é umha igrexa. Visitei a cidade de Bilbo durante um dia e meio é a cidade está moi bem, o casco velho tem unhas tabernas moi chulas com uns pinchos moi apetitosos (ese Champi) e a zona que rodea a ría que sufriu umha lavado de cara nos últimos anos e deixouna moi chula.

Outro día os meus anfitrións tinhanme preparada umha visita a varios pobos de Bizkaia vim Gaztelugatxe, Bermeo, Mundaka, Gernika e Durango. Em Gaztelugatxe puidem comprobar que em EH há futuro com esa juventude o nacionalismo e o independentismo basco tenhem futuro, so ver como tocabam as campas da ermida.



Logo fumos a Bermeo, e quedei abraiado coa cantidade de xente que había pola rúa coa súas cuadrilhas tomando uns pintxos, pola rúa podías atopar a xente de todas as idades e era curioso como a partir das tres da tarde as rúas empezarom a quedar baleiras. E em Bermeo foi no primeiro sitio onde quedei abraiado coa ikurinha que tinham posta no seu peirao, logo puidem ver que é umha practica comúm em todo o territorio, semelhante em tamanho a que tem posta Paco Vázquez no paseio marítimo da Corunha.

A continuaçóm fumos a Mundaka a terra dos surferos,o pobo pode parecerse a Malpica, um pobo pequeno recolhido. Logo fumos a Gernika onde pudem ver a devoçóm dos bascos cando estám nese lugar, so ver como se ponhem ao lado da arbore pom os pelos crespos da emoçóm (como diría Xurxo Souto), há umha foto que o demostra e que nom vou ponher aquí. Para rematar a jornada leváronme a Durango.



A verdade é que ao final do día estaba abraiado cos pobos que vim ese día e coa cantidade de xente que vim pola rúa, quitando Mundaka onde estivemos á hora da comida e aínda así había xente facendo surf.



Outra jornada fumos a pobos do interior. Visitamos Elorrio um pobo moi coidado e cumha igrexa que debedes visitar se ides a Euskal-herria há umha imaxe dum senhor do povo que ao que eu chamei o santo dos elefantes porque segúm me contou a minha guía na viagem o senhor foi evanxelizar á India. Logo fumos a Oñati um pobo onde que tem umha das universidades máis antigas de Euskal-Herria, um edificio moi antigo e moi bem conservado e que a mim me recordou ao Pazo de Fonseca de Compostela aínda que é de umha época diferente. A seguinte visita do día foi ao monte de Arantzazu, situado ao lado do pobo de Oñati, neste monte atopamos neve (ese día nevara em algúns dos cumes de EH), neste lugar há um monasterio e umha igrexa que tem umhas torres horríbeis ao seu lado montarom um edificio digno do nosso país pola forma que tem e que nese sitio nom pinta nada. Para rematalo día visitamos Bergara umha das cidades senhorais de EH, um povo que conta com umhas casas espectaculares.



A seguinte excursom que realizamos ja foi cando estabamos establecidos em Lezo, a visita foi ao País Basco Francés. Visitamos Baiona e logo mentres volviamos para Lezo num recorrido pola costa vimos outras cidades (San Juan de Luz, Hendaia). A verdade é que Baiona é umha cidade bonita com umha arquitectura peculiar.

O último día a anfitrioa levounos a feira de Santo Tomas e a verdade é que a tod@s os festeiros que conhezo vaivos gustar muito. Debemos empezar a plantexarnos facer viagens organizados a esta feira, nós so estivemos pola manha e había umha cantidade de xente que podía facer crer que era um dia festivo máis nom era así.

Esta foi umha análise curta de 6 días onde nom parei, darlhe as gracias a tod@s os que me aturarom estes días e dicirvos que voltarei.

E a tod@s os que visitades o castro tedes que saber que Renteria nom existe o seu nome é Orereta. Nem Renteria nem Errenteria o nome é Orereta

2 comentários:

A Raíña Vermella disse...

Euskal Herria e un sitio que merece a pena visitar, eu estiven un par de veces pero depois de ler o teu post, está claro que me queda moito por ver. A ver se argallamos algo para mais adiante e imos por alí;)
P.D: estamos a convocar unha blogoquedada o venres 11, apúntaste? Avísame ao correo. Un bico grande.

begira... disse...

ola!
escribo tardísimo porque, coma sempre, teño demasiado traballo. para que logo digan que os xóvenes non teñen choio (aaaaaah referíanse aos cartos?? Nese caso...)
En fin, menos bromas. que foi un gran pracer facer de guía e levarte por esta terra tan bonita que temos, non vou ser humilde que é verdade que hai moito por ver. e gustoume o da xuventude coa campana, para os que non o saiban, eran tres nenos insoportábeis, probablemente do opus (que tamén os temos por aquí). E blogueiros galegos, estamosvos esperando ansiosamente, xa vai ser hora de que víñades, non? e ti, querido arredista, xa sabes que tés as portas abertas cando queiras vir outra vez, que aínda nos quedaron cousas sen ver.
moitos bicos!