28 dezembro 2007

Algo máis que umha jornada de festa

Onte por terceiro ano consecutivo volveu a jogar a nossa selecçóm nacional de futebol, esta vez tocounos o turno de visitar a cidade de Vigo e mereceu a pena recorrer meia Galiza para poder asistir ao partido.


Os partidos da nossa selecçóm som algo máis que umha festa tenhem muito de reivindicativo, umha reclamaçóm do dereito do noso pais a jogar competiçóns oficiais. Reclamaçóm de muitos e da que leva a voz cantante o colectivo de siareir@s galeg@s, um colectivo que nasceu fai 10 anos e que loitou durante muitos anos por ver a nossa selecçóm jogar, colectivo que é um ejemplo da superaçóm dos localismos existentes neste país. Loitouse por conseguir os jogos de muitas maneiras, xentes da cultura e deportistas colaborarom (partido benéfico, colaboraçóm cos grupos galegos) e acadarom miles de sinaturas e os do PP nom reaccionarom e seguirom evitando os jogos acompanhado dumha Federaçóm cuns dirixentes corruptos, cando selecçóns como Asturias e Cantabria ja estabam jogando. Por eso e polo animo que dam nos jogos este colectivo merece um reconhecemento, algo que nunca ninguém fará.



Onte por primeira vez nos tres anos nom pudem asistir a manifestaçóm convocada por este colectivo, o motivo foi o intenso trafico da cidade viguesa que me impediu aparcar o meu carro ata 15 minutos antes de arrancar,em teoría , o partido. O atasco foi tam grande que os policiais locais de Vigo atopábanse abraiados do poder da convocatoria do partido, comentaba algúm vigués que nom recordabam umha entrada asim no estadio de Balaidos.

Por este motivo nom podo comentar como transcurriu a manifestaçóm mais seguro que foi um éxito como as anteriores. Que sem contar co sucedido na Corunha por culpa dum alcalde de extrema dereita que desviou a manifestaçóm para que pasase por diante do farrapo posto na praia de Riazor um par de días antes do partido e así conseguir o seu obxectivo de desvirtuar a nossa luita que sempre se desenvolveu em tom pacifico a pesar das mentiras contadas por algúns.


Tambem merece a pena recordar o papel de Nacho o lateral zurdo de Foz foi capaz de saír a prensa e dicir que el nom estaba interesado em jogar coa selecçóm espanhola e que el so jogaria coa selecçóm nacional do seu país. O que fixo Nacho é um exemplo dumha persoa coherente coas suas ideias e que nom se amedrenta ante ameazas das federaçóns internacionais.

A de onte foi a maior festa dos tres anos, so podo ponher umha queixa e foi que nom estivem na bancada na que quería estar, so escoitar o noso himno nacional como soou a pesar do que pasou coa selecçóm de Camerún e ver a animaçóm que existiu durante todo o partido mereceu a pena cruzar de norte a sur este país para estar alí. A xente nom deixou de berrar cum so grito Galiza!.A verdade é que eu cría que a festa nestes partidos ía decrecer a medida que pasaram os anos mais por agora nom foi así e onte atopámonos cum estadio de Balaidos cheo.

Este ano tambem houbo outros partidos antes do da selecçóm absoluta, tambem jogarom as categorías inferiores e a selecçóm feminina e a conclussom é que a reivindicaçóm vai crescendo ao mesmo ritmo que a festa. Incluso a nivel organizativo vense trocos que vam dando pé a um maior nivel de reivindicaçóm.

Manha a luita das naçóns sem estado vive um novo episodio celebrase no estadio de San Mames de Bilbo o partido entre Euskal-herria e Catalunya, onde se volvera a pedir o dereito dos nossos países a competir oficialmente.

Vémonos para o ano que vem.


24 dezembro 2007

Um país que merece a pena visitar

Acabo de regresar dumha viagem por Euskal-herria (a minha primeira visita) e volvo moi contento do país que me atopei, da súa beleza e do sentimento nacional que vim. Antes de seguir agradecer a xente que me tratou tam bem.



Todo comezou o pasado sábado cando cheguei a Bilbo, ao barrio de Deusto, e aparquei o meu carro ao lado do que dim que é umha igrexa. Visitei a cidade de Bilbo durante um dia e meio é a cidade está moi bem, o casco velho tem unhas tabernas moi chulas com uns pinchos moi apetitosos (ese Champi) e a zona que rodea a ría que sufriu umha lavado de cara nos últimos anos e deixouna moi chula.

Outro día os meus anfitrións tinhanme preparada umha visita a varios pobos de Bizkaia vim Gaztelugatxe, Bermeo, Mundaka, Gernika e Durango. Em Gaztelugatxe puidem comprobar que em EH há futuro com esa juventude o nacionalismo e o independentismo basco tenhem futuro, so ver como tocabam as campas da ermida.



Logo fumos a Bermeo, e quedei abraiado coa cantidade de xente que había pola rúa coa súas cuadrilhas tomando uns pintxos, pola rúa podías atopar a xente de todas as idades e era curioso como a partir das tres da tarde as rúas empezarom a quedar baleiras. E em Bermeo foi no primeiro sitio onde quedei abraiado coa ikurinha que tinham posta no seu peirao, logo puidem ver que é umha practica comúm em todo o territorio, semelhante em tamanho a que tem posta Paco Vázquez no paseio marítimo da Corunha.

A continuaçóm fumos a Mundaka a terra dos surferos,o pobo pode parecerse a Malpica, um pobo pequeno recolhido. Logo fumos a Gernika onde pudem ver a devoçóm dos bascos cando estám nese lugar, so ver como se ponhem ao lado da arbore pom os pelos crespos da emoçóm (como diría Xurxo Souto), há umha foto que o demostra e que nom vou ponher aquí. Para rematar a jornada leváronme a Durango.



A verdade é que ao final do día estaba abraiado cos pobos que vim ese día e coa cantidade de xente que vim pola rúa, quitando Mundaka onde estivemos á hora da comida e aínda así había xente facendo surf.



Outra jornada fumos a pobos do interior. Visitamos Elorrio um pobo moi coidado e cumha igrexa que debedes visitar se ides a Euskal-herria há umha imaxe dum senhor do povo que ao que eu chamei o santo dos elefantes porque segúm me contou a minha guía na viagem o senhor foi evanxelizar á India. Logo fumos a Oñati um pobo onde que tem umha das universidades máis antigas de Euskal-Herria, um edificio moi antigo e moi bem conservado e que a mim me recordou ao Pazo de Fonseca de Compostela aínda que é de umha época diferente. A seguinte visita do día foi ao monte de Arantzazu, situado ao lado do pobo de Oñati, neste monte atopamos neve (ese día nevara em algúns dos cumes de EH), neste lugar há um monasterio e umha igrexa que tem umhas torres horríbeis ao seu lado montarom um edificio digno do nosso país pola forma que tem e que nese sitio nom pinta nada. Para rematalo día visitamos Bergara umha das cidades senhorais de EH, um povo que conta com umhas casas espectaculares.



A seguinte excursom que realizamos ja foi cando estabamos establecidos em Lezo, a visita foi ao País Basco Francés. Visitamos Baiona e logo mentres volviamos para Lezo num recorrido pola costa vimos outras cidades (San Juan de Luz, Hendaia). A verdade é que Baiona é umha cidade bonita com umha arquitectura peculiar.

O último día a anfitrioa levounos a feira de Santo Tomas e a verdade é que a tod@s os festeiros que conhezo vaivos gustar muito. Debemos empezar a plantexarnos facer viagens organizados a esta feira, nós so estivemos pola manha e había umha cantidade de xente que podía facer crer que era um dia festivo máis nom era así.

Esta foi umha análise curta de 6 días onde nom parei, darlhe as gracias a tod@s os que me aturarom estes días e dicirvos que voltarei.

E a tod@s os que visitades o castro tedes que saber que Renteria nom existe o seu nome é Orereta. Nem Renteria nem Errenteria o nome é Orereta

10 dezembro 2007

30 anos despois


A semana pasada andaba buscando algum cd para escoitar entre a colecçóm do meu pai, ja que quería escoitar algo diferente ao que escoito normalmente e por azar decidim colher o melhor de Fuxan os ventos. Facía tempo que nom os escoitaba e a verdade que ao escoitar a cantiga das Encrobas fíxome pensar e analizar dúas cançons de diferentes épocas.

Os temas que comparei forom por um lado a Cantiga das Encrobas dos Fuxan os Ventos e o tema do último cd de Quempallou no que colaboram os Dios Ke Te Crew Ninguén!!!. E parece mentira porque 30 anos despois o tema dos Quempallou trata umha temática semelhante ao dos Fuxan os Ventos. Dúas cançóns que dim muitas verdades e que som verdadeiros himnos de defensa do nosso meio ambiente.

Os dous temas falam das destruçóm do país, num céntranse no acontecido entre outros lugares, nas Encrobas fai 30 anos, e no outro na destruçóm do nosso hábitat polas novas pragas (incendios, parques eólicos, portos deportivos). Nos dous páranse a falar de como para o capitalismo nunca há limites com tal de encher os bolsilhos.

Nos dous temas falam tambem da maior sangría que sufriu este povo, sangría mais grave que a suporía calquera guerra, a emigraçóm dos nossos. Nos temas dise que a pesar da destruçóm do nosso meio a xente segue a marchar.

Ao que ía, 30 anos despois o que podería considerarse cançóm protesta segue a falar dos mesmos temas iso quere dicir que nestes anos nada cambiou que seguimos permitindo que arrasem co nosso meio de forma brutal sem que ninguém diga nada. No tema de Quempallou ha umha estrofa que di “As corporacións mandan e o goberno acata,que máis dá a quen lle votes da igual a quen lle votes” e a verdade é que é así, nom há ningúm goberno que se enfrontara a este problema que temos enriba dende fai tempo.

Para mim é moi triste ver o que lhe estam facendo ao nosso país, levantando macro-urbanizaçóns em lugares cumha riqueza grandisima, montando parques eólicos que destruem o nosso paisaxe, facendo umha lei de minas que permite a destruçóm dum dos nossos pulmóns e querendo levar empresas que num lado sobram para outros puntos do país ( ENCE ). O ocorrido co Prestige foi moi grave pero tam grave como iso som outras cousas que estam pasando e que tambem destruem o nosso.

Na Galiza contamos cum paraíso natural. As nossas fragas, os nossos rios e todo o que temos há que coidalo porque é a maior riqueza que temos e se nós nom a coidamos ninguem o vai coidar.


02 dezembro 2007

Os Borbons

Á volta da viagem quedei de falarvos do papel do Borbon na última conferencia iberoamericana e a súa bravocunada com Chavez, mais vou a centrarme na figura de toda a familia e porque um ditador pode nomear a umha persoa como xefe do estado e 30 anos despois nese estado ninguém se atreve a dala cara e dicir que vai sendo hora que se vaia e empezar a dicir as cousas como som.

Durante o seu reinado esta familia pasou de ter um bo patrimonio a converterse numha das fortunas máis importantes do continente,sem que ninguém lhes pida contas do que fam co dinheiro que cobram do estado. E que tem a varios amigos nas cárceres por grandes escándalos financeiros, mais este senhor nunca tivo que dar a cara nim explicar se tinha relaçóm co feito polos seus amigos.



Os Borbons levam um ano moi complicado. Dende que secuestrarom a revista el jueves a mediados de julho num acto que demostra o tolerantes que som estas persoas ata o acontecido na citada conferencia venhem a demostrar o talante destes persoeiros tam campechanos.

O secuestro da revista foi um ejemplo da liberdade de expressom existente no estado espanhol, cousas piores lense e se escuitam na prensa espanhola sem que ninguém faga nim diga nada mais neste caso as cousas som diferentes. Os debuxantes da revista satírica fijerom um chiste no que falabam de dous temas tabús da familia o do trabalho e o de reproducirse.

Despois do caso da revista aconteceu o da queima das fotos do borbon, rapidamente houbo resposta. As persoas que queimarom as fotos do borbon, forom detidas e juzgadas de urxencia e em castelám. Sem embargo cando os nazis queimam fotos de Ibarretxe ou de Carod Rovira, por ponher algúm ejemplo, ninguém di nada som rapaces que estám ociosos e nom o fam por mal. Esa é a súa democracia!.

E por ultimo o suceso que tivo máis repercussom nos mass media foi o acontecido com Chavez na conferencia cando o senhor mandou calar ao presidente lexitimo, pois foi votado nas urnas, porque nom gustaba do que estaba dicindo num ejemplo máis de como há que mandar calar aos colonos que dim algo que nom lhes gusta.

Ao melhor todo o que esta pasando e bo porque significa que estám nerviosos porque a III República está máis preto. Ogalha seja asím.