03 março 2009

Que nom digam que nom se avisou

Somos muitos os que vinhamos avisando de que volvería a pasar o mesmo que nas anteriores eleicçóns, vinhamos vir que a venda do país ía traer estas consecuencias. Mas que nos dicíam, que eramos mala xente eramos desleais.

O domingo se algo quedou claro foi o fracaso da UPG, SIM DA UPG, e do quintanismo. O quintanismo a día de hoje aínda nom sei o que é, mas so sei que um dos ideólogos e Antón Losada e eso já me fai dubidar desta corrente. E foi o seu fracaso porque eles forom os que dixerom que o BNG tinha que abandonar a sociedade galega, darlhe costas ao que até fai uns anos significaba o bloco.

E por onde vai o futuro?. Eu creo que o futuro pasa porque na vindeira asembleia nacional, que debe voltar a ser como as anteriores abertas a toda a militancia, as correntes críticas se unam para ponher a xente no seu sitio e coa intençóm de crear algo, com outras correntes que estám fora do bloco, umha alternativa NACIONAL E DE ESQUERDAS, que tenha como meta final a constituçóm da República Galega.

Eu proponholhe aos iluminados da U que tenham o que há que ter é que se presentem como UPG a umhas eleicçóns. E que por umha vez analicem como som as cousas e nom busquem fora porque a maior parte da culpa do que pasou foi responsabilidade súa, os outros nunca nos apoiarom nim nos vam apoiar por muito que bailemos cos velhos nim demais parvadas que se fixerom estes catro anos.

2 comentários:

Mario disse...

Pois en Vieiros andan dicindo que o debate é entre a UPG e o quintanismo.

A Raíña Vermella disse...

Esou desexando que se constitúa unha alternativa verdadeiramente de esquerdas e independentista para ter algo decente ao que votar nas próximas. Adiante, meu. Xa saímos doutras peores ;)