09 setembro 2008

Asembleias por delegados

Estes días anda pola prensa a nova de que no BNG volve a treboada interna pola convocatoria dumha nova asembleia nacional coa novidade de que esta já vai ser por delegados em vez de aberta a militancia.

Estám no certo os que dím a asembleia por delegados foi aprobada na última asembleia nacional celebrada em decembro do 2006, mas tambem deberíam ter em conta dúas cousas. A primeira é que o resultado da votaçóm nom foi todo o aplastador que algúns contabam (58- 42) e segundo que o BNG sempre se definiu como umha organizaçóm asembleiar.

O motivo polo que se tomou a decissom de facer a asembleia por delegados eu creo que está claro, a certos sectores cada vez lhe custaba máis mobilizar as súas bases e na asembleia comarcal era máis sinxelo.

Nom creo que o motivo foram o que intentarom vender no seu día, eso de que umha asembleia nacional era moi custosa porque a organizaçóm medrara muito no número de afiliados. Nom sei cantos afiliados terá o BNG a día de hoje mas seguro que o número nom medrou tanto como querem vender.

No fondo o que querem facer com esto e facer do BNG umha organizaçóm semelhante ao resto, onde as decissóns tómanse dende a direcçóm e logo a militancia debe defendelas. Onde o poder do militante deixa de influír, deixa de ter a súa oportunidade de dizer o que pensa na asembleia, todos debemos ser o militante obediente e dizer que si a todo o que nos dim dende arriba. Para que vale ser militante dumha organizaçóm num sistema así?



Eu o que penso, é que com estas medidas o único que consiguem e seguir afastando o voto desa xente que cría que o BNG era umha forza diferente. A día de hoje o BNG pretende abarcar um espectro tam amplío de voto que o único que consegue e perder o voto da persoa com conciencia de país, e ganhar voto dos estómagos agradecidos que antes votabam pp e agora votam BNG, mas nom é um voto ideolóxico. Chegara o momento em que baixem do carro oficial e o levaram o gram hostiazo, e ao ritmo que vam as cousas é algo que vexo factíbel em calquer momento porque abandonouse a ese povo co que sempre estivemos na rúa.


2 comentários:

Zerovacas disse...

Van safando, polo de agora. E se nas autonómicas sacan 13, ou 14, venderanolo como un éxito. E iso despois de catro anos de ter os instrumentos do poder nas mans. E iso, tendo decenas de milleiros de votos menos dos que obtivo Beiras en 1997 e 2001

Anônimo disse...

Nada neno, vas ter que pedir a entrada na FPG, que o BNG ES UNA MIERDA.
O seguinte será a estrela ha, ha, ha (risas con eco e tronos...).