30 outubro 2007

Cidade da in-cultura


Estes días estamos asistindo a um esperpento máis dende que se lhe pasou pola cabeza ao Fragasaurio deixarnos para o seu recordo umha gram obra. Estou a falar do que esta saíndo a luz na comissóm de investigaçóm sobre a cidade da incultura.

A finais da década pasada empezabam no monte Gaias de Compostela a obra do mausoleo que o ministro franquista quería deixar para o seu recordo ao nosso país. Dende o comezo a obra semelhaba ser umha animalada polos dados que ofrecíam, um pazo da opera comparábel o de París, mais co paso do tempo demostrouse que o monstro so estaba amosando a cabeza.

Polo que se esta oíndo na Comissom o arquitecto nom fijo máis que obedecer as ordes que lhe daba Pérez Varela, o conselheiro de cultura, ordes que procedíam do león de Vilalba. A obra mentres desfasaba o seu presuposto iso nom era importante mentres o velho estivera contento nom pasaba nada, se total na Galiza estamos sobrados de cartos.

Comentabam o outro día que a biblioteca proxectada ía ser como a do Alcázar de Toledo, que o león de Vilalba nom quería que a pisaram os estudantes de Compostela há muito rojo nom vai ser que a estropeem.

Ao mesmo tempo que empezabam as obras o PP creaba a Fundaçóm Cidade da Cultura onde como sempre íam trabalhar os amigos do PP, ja sabemos que som mais listos que o resto dixit por Fraga. Aparecía por alí o irmám dum conselheiro do goberno, o marido dumha conselheira e o cunhado de Rajoy, etc. O cunhado de Rajoy cum currículo digno de ver, o tío ata dominaba o galego oral e escrito cum nivel alto, todo um lince o rapaz e semelha que mandou o currículo despois de empezar a trabalhar na fundaçóm.

Mentres os milhóns a gastarse que aquí sobra o dinheiro, e a mocidade do país tem trabalho. Neste país como estamos tam sobrados as ajudas da U.E. gástanse na cidade da cultura e em paseos marítimos que iso aos turistas gustalhe. E os dous partidos da oposiçóm num papel de estamos em contra mais a nivel de Compostela que nom me toquem as obras do Gaias. O alcalde de Compostela numha brilhante ideia um día saíu nos mass medias dicindo que aos turistas a parte de levalos a catedral poderíanos levar ás obras da Cidade da Cultura.

O mausoleo seguía crecendo cambiou o goberno e a conselheira de Cultura decidiu facer o mesmo que ZP coa televissóm crear umha comissóm de sabios para analizar as obras. A obra parouse mais a soluçóm que se lhe pode dar ao mausoleo. Agora vas pola autoestrada e podes ver um cartaz em grandes dimensons que pom Cidade da cultura em plam o de Hollywood.


Onte pasou pola comissóm o senhor Pérez Varela, ese home ao que um día lhe preguntarom que concerto ía ver e saíu com que ía vela cantante Carmiña Burana, parece ser que lhe lerom a cartilha e lhe descubrirom muitos dos chanchulhos que se fijerom na obra. Como xente da súa conselheria deixou o cargo para crear empresas que logo coparom o trabalho da cidade da cultura. Polo que pom os medios o home saíu da Comissóm cos olhos como si fora a chorar, e eu me pregunto forá nom podía estar esperando umha patrulha da policía nacional para levalo ao caldeiro por ladróm em vez de meter aos tres do Eixo.

E cal e a soluçom ao Gaias? foi umha pena que ao ano pasado cando algúns se adicarom a queimar o país nom queimaram o Gaias porque seguramente o esperpento quedaría alí como o resultado dum mal sono. De feito numha serie da tvg facíam umha broma co tema do Gaias um dos personaxes sem querer queimaba a cidade da cultura e cando o íam deter dicía aínda encima que lhe fago um favor ao país detenhenme.

Tambem destaca o papel dos medios galegos algum como a Voz de Galicia que nom abriu a boca em ningúm momento ata que cambiou o poder na Xunta e dende aquela esta a falar a diario do mausoleo.



Um comentário:

Mario disse...

Ben, cun pouco de sorte riremos de todo isto nuns cantos anos... e faremos teleseries... e exportarémolas e ninguén crerá que están baseadas en feitos reais.
Tocouche o meme novo, o das 8 cousas.