08 março 2009

Está máis fóra que dentro

Esta foi a resposta que deu um iluminado da “Executiva” do BNG a Beiras cando foi preguntado polo comentado na rolda de prensa do EI. Este iluminado probabelmente seja membro da executiva porque é um brilhante político, no bloco esto é o que máis se valora e nom em que partido militas, e aínda por riba durante estes catro anos este senhor estivo trabalhando no departamento de normalizaçóm lingüista da Xunta que grande labor fixo, deberíam facerlhe umha homenaxe.

Decirlhe a este senhor que si eso é o que pensam somos muitos os militantes e simpatizantes do bloco que estamos máis fóra que dentro, mas tranquilo que nas vindeiras eleicçóns o teremos em conta e a hora de votar deixaremos de facelo coa pinza no nariz a organizaçóm que vostede representa e por fim seremos galegos dignos que os mandaremos a tomar polo c.... e buscaremos outras opçóns que nom vendam o nosso país.

A proposta de Beiras é umha proposta de dignidade a que algúns nom podem entender porque siguem pensando que fixerom umha grande labor, si a grande labor de vender Galiza. Cada día que pasa vejo o futuro máis claro que a xentinha da U e do quintanismo (que sigo saber que representa) vaiam tomar vento que sigam pensando o mesmo que em pouco tempo estarám no seu sitio. Como dicía umha persoa em Trasancos já sabíam como eram as cousas e agora exportarom o modelo a todo o país os culpaveis já sabemos quem vam ser os malos militantes e a prensa que sempre nos apoiou e agora nos derom até no bilhete de identidade.

Porque imos facer autocrítica se levamos perdendo votos 8 anos, que lhes dem que os movimentos sociais deste país nom precisam gentinha como esta.

05 março 2009

Independentismo galego

Hoje toca falar do independentismo galego que já vai sendo hora que superem os egos das diferentes correntes e se ponha a trabalhar em algo ilusionante, no que tambem teríam sitio as correntes dentro do BNG.

Dende a minha humilde opinióm o que se debería empezar a facer é dende a base nom se pode intentar empezar a casa polo telhado, por eso creo que aínda que necesaria umha candidatura unitaria nas pasadas eleicçóns nom era a soluçóm.

Estamos a 5 marzo e o independentismo debía empezar a trabalhar num projecto para presentalo as vindeiras eleicçóns, a que dentro de dous anos elixiram aos representantes das cámaras municipais (as europeias nom entram no nosso jogo). Um projecto centrado nas bisbarras e nos concelhos para que dentro de catro anos esteamos preparados para dar o gram salto.

Neste novo independentismo tambem deberíam ter o seu sitio as correntes existentes dentro do bloco ou se a ideia dos críticos fora para adiante as correntes independentistas que agora estám fora da organizaçóm teríam o seu sitio dentro. Muita xente neste país precisa dum independentismo que chegue a maioría de idade, que supere certos erros cometidos e que se ponha a trabalhar neste país porque há máis cousas que nos unem das que nos separam.


04 março 2009

Empeza o movemento

Hoje falou a primeira corrente crítica do BNG, o Encontro Irmandiño, e veu a expresar o que muitos pensamos e nestes intres estou escoitando ao seu cabeza visíbel na radio galega que está a falando moi claro do que pensa el e do que é o pensamento de muitos dos que militamos ou simpatizamos co bloco.
Na entrevista que acaba de conceder, recoméndovos que a escoitedes, veu a dizer que se o bloco tivo a debacle este domingo nom foi polo ocorrido nos últimos catro anos senom que vem de máis adiante cando o bloco decidiu darlhe as costas aos movementos sociais deste país. Tambem invitou a um sector que tudos conhecemos a que por umha vez deam a cara e se querem que se presentem a umhas eleicçóns.
Dixo que el nom buscaba umha guerra civil mas que se ese sector se empenhaba em facer jogo sucio que estaríam dispostos a dar guerra e si for necesario a saír do bloco. Como lhe dicía a algumha das persoas coas que falei estes días este povo vai saír desta e vai saír triunfante o que acaba de ocorrer foi um toque de atençóm a eses que pensabam que tragabamos com tudo que tinham um cheque em branco. Porque Galiza conta cuns movementos sociais que vam por diante dos nossos políticos e dos partidos que temos.
Xente vémonos nas barricadas, luitando polo nosso país para vencer esta batalha.

03 março 2009

Que nom digam que nom se avisou

Somos muitos os que vinhamos avisando de que volvería a pasar o mesmo que nas anteriores eleicçóns, vinhamos vir que a venda do país ía traer estas consecuencias. Mas que nos dicíam, que eramos mala xente eramos desleais.

O domingo se algo quedou claro foi o fracaso da UPG, SIM DA UPG, e do quintanismo. O quintanismo a día de hoje aínda nom sei o que é, mas so sei que um dos ideólogos e Antón Losada e eso já me fai dubidar desta corrente. E foi o seu fracaso porque eles forom os que dixerom que o BNG tinha que abandonar a sociedade galega, darlhe costas ao que até fai uns anos significaba o bloco.

E por onde vai o futuro?. Eu creo que o futuro pasa porque na vindeira asembleia nacional, que debe voltar a ser como as anteriores abertas a toda a militancia, as correntes críticas se unam para ponher a xente no seu sitio e coa intençóm de crear algo, com outras correntes que estám fora do bloco, umha alternativa NACIONAL E DE ESQUERDAS, que tenha como meta final a constituçóm da República Galega.

Eu proponholhe aos iluminados da U que tenham o que há que ter é que se presentem como UPG a umhas eleicçóns. E que por umha vez analicem como som as cousas e nom busquem fora porque a maior parte da culpa do que pasou foi responsabilidade súa, os outros nunca nos apoiarom nim nos vam apoiar por muito que bailemos cos velhos nim demais parvadas que se fixerom estes catro anos.

02 março 2009

Um galego que merecía a pena

Um galego que vale e se nos foi, curiosamente finou o día 1 de marzo do 2009 terá algo que ver co que sucedeu esa noite?